Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Puntuacións da fase de concurso do proceso...

Puntuacións da fase de concurso do proceso selectivo de persoal para a brigada contraincendios

No documento adxunto fanse públicas as puntuacións obtidas na fase de concurso polos/as participantes no proceso selectivo para a contratacion do persoal para a brigada e prevención e defensa contraincendios forestais, así como de 3 operarios de motobomba.

O prazo de reclamacións estará aberto ata o mércores 27 de xuño, a través do Rexistro Xeral do Concello de Carballo ou mediante o envío de telegrama ou telefax ao número 981 702 858.

Os/as aspirantes admitidos/as están convocados para a realización da proba da fase de oposición o martes día 26 de xuño ás 09:00 horas no pavillón do complexo deportivo Vila de Noia.

Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados.

Descargas

Compartir: