Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Listaxe definitiva de admitidos/as e...

Listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as para a selección de 35 socorristas para as praias e datas do proceso selectivo

Aprobadas as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo de 35 socorristas para a Unidade de Salvamento e Socorrismo que prestará servizo nas praias durante os meses de verán. 

No documento adxunto figuran as listaxes e a composición do tribunal, que se reunirá o día 30 para a valoración de méritos na fase de oposición. Os/as aspirantes están convocados para o 1 de xuño, ás 09.00 horas, na piscina do complexo deportivo Carballo Calero, para a realización da primeira proba.

Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados.

Descargas

Compartir: