Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Datas previsibles das fases de concurso e...

Datas previsibles das fases de concurso e oposición do proceso selectivo para a contratación de 35 socorristas

O venres 25 de maio remata o prazo de subsanación de defectos no proceso selectivo para a contratación de 35 socorristas convocado polo Concello de Carballo. As datas previsibles das fases de concurso e oposición son as seguintes:

  • O luns 28 está previsto que se aprobe a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as, a composición do tribunal cualificador e o lugar, data e hora de valoración da fase de concurso e da celebración do primeiro exercicio.
  • O mércores día 30 de maio ás 16:00 h celebraríase a fase de concurso (valoración de méritos)
  • O venres día 1 de xuño, ás 09:00 h, desenvolveríanse as probas da fase de oposición.
Todas as datas confirmaranse nos vindeiros días.

Compartir: