Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias O Concello de Carballo inicia o proceso para a...

O Concello de Carballo inicia o proceso para a contratación laboral dun/ha operario/a tractorista

No BOP do luns 02/04/2018 publicáronse a convocatoria e as bases para a contratación laboral dun operario tractorista. O prazo de presentación de instancias é de 10 días naturais, desde o martes 3 ata o xoves 12 de abril, ámbolos dous incluídos.

A documentación que deben presentar as persoas interesadas (sen compulsa) é a seguinte: 

  1. Xustificante acreditativo de ter ingresado na Tesourería Municipal a cantidade de dezaoito euros (18,00 €) en concepto de dereitos de exame. Este importe deberá facerse efectivo mediante ingreso nalgunha das seguintes contas municipais (cós datos persoais do/a aspirante e praza á que opta), número de conta de ABANCA ES96 2080 0019 5031 1000 0019 ou número de conta de CAIXABANK ES57  2100 2322 4002 0001 3249. A ausencia do abono dos dereitos de exame, dentro do prazo de presentación de instancias, determinará a exclusión do/a aspirante e non poderá ser obxecto de subsanación.
  2. Fotocopia do DNI ou documento identificativo.
  3. Fotocopia da titulación esixida na base terceira: Graduado en educación secundaria obrigatoria (ESO), Graduado Escolar ou equivalente, 
  4. Fotocopia acreditativa do permiso de conducir, clase B.

Descargas

Compartir: