Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Modificación das bases do proceso...

Modificación das bases do proceso selectivo para cubrir unha praza de inspector da Policía Local

O Concello de Carballo modifica as bases da convocatoria para cubrir unha praza de inspector da Policía Local como consecuencia dun erro detectado no informe emitido pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia. O erro afecta á base segunda, en concreto a dous apartados. Así, debe ser eliminado o que fai referencia á limitación de idade para o pase á situación de segunda actividade tras o cambio legal que deixa sen efecato a limitación de idade nos procesos selectivos, e, en segundo lugar, debe incorporarse o seguinte parágrafo: "Non ter sido sancionado por falta grave ou moi grave, ou ter canceladas posibles sancións", que fora eliminado pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.

Como consecuencia das citadas modificacións abrirase un novo prazo de presentación de instancias de 20 días naturais a partir do día seguinte á publicación do anuncio da nova convocatoria no Boletin Oficial do Estado. Previamente publicarase no Boletín Oficial da Provincia esta segunda modificación, tal como se recolle no documento adxunto.

Descargas

Compartir: