Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Convocatoria de prazas de docentes para impartir...

Convocatoria de prazas de docentes para impartir os cursos AFD de "Programación de sistemas informáticos" e "Servizo de bar e cafetería"

O Concello de Carballo convoca dúas prazas de docentes, en réxime laboral temporal, para impartir outras tantas accións formativas incluídas no Plan AFD 2017-18. Nos documentos adxuntos poden consultarse as bases correspondentes aos cursos de "Programación de sistemas informáticos" e "Servizo de bar e cafetería". En ámbolos dous casos, o prazo para presentar as solicitudes estará aberto durante 7 días hábiles a partir da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP), é dicir, do 21 ao 29 de novembro.

As datas previstas para a celebración do curso de "Programación de sistemas informáticos" son desde o 18 de decembro deste ano ata o 7 de xuño do 2018. A xornada laboral será de cinco horas diarias, de 09.00 a 14.00. A acción formativa de "Servizo de bar e cafetería" desenvolverase, en principio, desde o 5 de xaneiro ata o 20 de xuño do ano que vén, tamén en horario de 09.00 a 14.00.

Descargas

Compartir: