Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Relación de alumnos-traballadores...

Relación de alumnos-traballadores propostos para o obradoiro de emprego "Revalorización de espazos urbanos"

O Concello de Carballo ten en marcha un proceso de selección para a contratación de 12 alumnos/as-traballadores/as na modalidade de contrato para a formación e o aprendizaxe para a posta en marha do proxecto do obradoiro de emprego "Revalorización de espazos urbanos".

Rematado o proceso de selección (fase de concurso e oposición), publicítase a acta do tribunal que fai referencia ás puntuacións obtidas por cada alumno/a-traballador/a en cada fase e as correspondentes propostas de contratación.

Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados.

Descargas

Compartir: