Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Avaliados os méritos dos/as aspirantes...

Avaliados os méritos dos/as aspirantes ás 11 novas prazas de socorristas e 5 de técnicos/as en primeiros auxilios

O tribunal procedeu á avaliación de méritos dos/as aspirantes ás 11 prazas de socorrista e 5 de técnicos/as en primeiros auxilios para a unidade de salvamento acuático que está a traballar este verán nas praias do noso concello.

Nos documentos adxuntos poden consultarse as puntuacións dos/as candidatos/as. No caso dos/as socorristas, o vindeiro luns 17 de xullo celebraranse as probas físicas a partir das 09.00 horas na piscina do complexo deportivo Carballo Calero.

Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados.

Descargas

Compartir: