Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Aprobadas as listaxes definitivas de admitidos/as...

Aprobadas as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as no proceso de selección de 11 socorristas

O Concello de Carballo ten en marcha o proceso de selección para a contratación, en réxime laboral temporal, de 11 socorristas para a unidade de salvamento acuático nas praias. No documento adxunto publícase a resolución de nomeamento do tribunal de selección, a listaxe definitiva de admitidos/as e excluiídos/as e as datas tanto para a valoración de méritos como para o primeiro exercicio da fase de oposición.

O órgano de selección reunirase o venres 14 para a valoración de méritos, e o luns 17 de xullo ás 09.00 horas celebraranse as probas físicas na piscina do complexo deportivo Carballo Calero.

Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados.

Descargas

Compartir: