Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proposta de nomeamento e listaxe de reserva para...

Proposta de nomeamento e listaxe de reserva para a praza de funcionario/a interino/a de auxiliar de biblioteca

O Concello de Carballo vén de rematar o proceso selectivo dun/ha auxiliar de biblioteca para traballar como funcionario/a interino. Nos documentos adxuntos figuran, por unha banda, as puntuacións dos/as aspirantes que superaron o 2º exercicio (todos/as estaban exentos/as da proba de galego, que sería a terceira), a proposta de nomeamento da persoa que ocupará a praza convocada e a listaxe de reserva en postos coa mesma categoría. E no segundo documento reprodúcese o contido do 2º exercicio.

Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados.

Descargas

Compartir: