Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Listaxe definitiva e nomeamento de tribunal para...

Listaxe definitiva e nomeamento de tribunal para a selección do persoal para a brigada de incendios

O Concello de Carballo ten en marcha un proceso de selección para a contratación, con carácter laboral temporal, dun xefe de brigada, un peón condutor, tres peóns e tres operarios de motobomba que formarán parte da brigada de prevención e defensa contra os incendios forestais. No documento adxunto podese consultar a listaxe definitiva de admitidos/as, así como a composición do tribunal, que se reunirá o día 20 para a valoración de méritos. A proba da fase de oposición terá lugar o día 21, ás 10.30 horas, no pavillón Vila de Noia.

"Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados”.

Descargas

Compartir: