Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Listaxe definitiva, tribunal e convocatorias do...

Listaxe definitiva, tribunal e convocatorias do proceso selectivo dun/ha auxiliar de biblioteca

No proceso de selección dun/ha auxiliar de biblioteca como funcionario/a interino/a, o Concello de Carballo fai pública a listaxe definitiva de admitidos/as imeiexcluídos/as, a composición do tribunal, e as datas tanto da fase de concurso como do primeiro exercicio da fase de oposición.

O concurso comezará o mércores 14 de xuño. Os/as aspirantes están convocados/as para realizar o primeiro exercicio o martes 27 de xuño. Dado o elevado número de candidatos/as, un total de 102, O exame celebrarase no primeiro andar do Mercado Municipal.

Toda a información está detallada no documento anexo.

"Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados”.

Descargas

Compartir: