PRESENTACIÓN

Presentación do programa do 2023, na ponte de Baldaio

Presentación do programa do 2023, na ponte de Baldaio

Despois do éxito das edicións pasadas, o Concello de Carballo quere dar continuidade ao proxecto “Eu quero Razo – Baldaio”, que pretende crear hábitos de turismo consciente no litoral de Carballo. Para iso contaremos de novo coas entidades que veñen desempeñando accións relacionadas coa sustentabilidade da nosa costa. Tanto o Concello como as entidades colaboradoras neste proxecto buscamos a valorización do contorno co obxectivo de que canto máis se coñeza máis se respecte.

Neste ano tamén queremos formar parte da homenaxe a O Xestal, unha persoa comprometida coa protección da nosa marisma de Baldaio, ademais de veciño da nosa parroquia de Lema. Realizaremos unha figura en madeira que esperamos teña presenza polos anos no noso litoral.

Incorporamos ademais unha Ruta andando a Razo desde Carballo que esperamos sirva para que a nosa veciñanza coñeza este novo xeito de chegar ao noso mar.

PROGRAMA 2023

A maioría das accións programadas requirirán de preinscrición. Os grupos serán moi reducidos debido á sensibilidade da contorna e ao uso sustentable que queremos promover na mesma.

A grande maioría das accións realizaranse todos os mércores e sábados, ademais de algún domingo puntual. As persoas participantes deberán achegarse polos seus propios medios ao punto onde se desenvolverán as actividades.

XULLO

AGOSTO



ESCULTURA DO XESTAL EN MADEIRA

Achégate ao campo da praia de Razo para ver o espectáculo do escultor “Josi”, quen realizará unha escultura feita con motoserra nun tronco de piñeiro de 2 metros de alto por 0.80 de diámetro.
Farase unha inauguración homenaxe e logo a escultura será trasladada a onde o Concello estime.

OBRADOIRO DE RESTAURACIÓN DAS ESCULTURAS DO LITORAL

Incluirase este ano no proxecto a restauración do arroaz de Baldaio, da píllara de Razo e do nebria de Santa Irene, unha actividade que posderá ser seguida polo público en xeral, e que será realizada polo autor das esculturas.

RUTA A RAZO POLA SENDA PEONIL

Cremos que a nova senda peonil a Razo debe ser unha ruta que hai que promover para crear unha unión maior entre a cidade e a praia de Razo, co obxectivo de que se converta nunha ruta habitual. Para a realización desta actividade contaremos coa entidade deportiva Xiria, que poñerá a coordinación da acción, que organizará actividades lúdicas para cando as persoas participantes vaian chegando a Razo.
Tamén haberá unha merenda para repoñer forzas e ademais dispoñeranse medios de retorno para as persoas que así o desexen.

Descargas

Compartir: