Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

DO 6 AO 8 DE ABRIL

Xa está aquí unha nova edición do Carballo Handball Festival, a gran festa da canteira do balonmán

Venres 31 de marzo do 2023

Marcos Trigo, Evencio Ferrero, Jessica Posse e José Antonio Rodríguez

Marcos Trigo, Evencio Ferrero, Jessica Posse e José Antonio Rodríguez

A canteira do balonmán dáse cita esta Semana Santa en Carballo na 7ª edición do Carballo Handball Festival, unha iniciativa das Escolas Balonmán Xiria e Carballo Deporte na que contamos nesta ocasión coa colaboración de Supermercados Familia. Os clubs asturianos Vetusta (Oviedo), Ribadesella e Xixón; o Culleredo e o Balonmán Xiria daranse cita cos seus equipos alevín e benxamín para celebrar a festa anual do balonmán, que volve con toda a forza tras a pandemia.

Na ligazón inferior atoparedes información detallada sobre horarios, streaming e outros datos, e no vídeo escoitaredes as declaracións de Marcos Trigo, concelleiro de Deporte; Evencio Ferrero, alcalde de Carballo; José Antonio Rodríguez Fraga, vicepresidente de Balonmán Xiria, e Jessica Posse Díaz, coordinadora do evento, na presentación do Carballo Handball Festival.

Ligazóns

Vídeos

Compartir: