Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

PODES DESCARGAR AQUÍ A RESOLUCIÓN PROVISIONAL

Sete deportistas individuais accederán ás primeiras bolsas específicas convocadas polo Concello de Carballo

Luns 24 de maio do 2021

Mateo Añón Pérez, Adrián Castro Barrigón, Joaquín Castro Barrigón, Mario Díaz López, Daniel Díaz Rama, Martín Pereira Fonseca e Xoel Pereira Fonseca son os 7 deportistas que se beneficiarán das primeiras bolsas para deportistas individuais convocadas polo Concello de Carballo, a través da Concellaría de Deporte. Cada un deles recibirá unha axuda de 300 euros para o desenvolvemento da súa actividade deportiva no ano 2020. Outras dúas solicitudes foron rexeitadas, nun caso por non axustarse ás bases da convocatoria e, no outro, por presentala fóra de prazo. A resolución provisional pode descargarse máis abaixo.

O obxectivo das subvencións, que se convocaron este ano por primeira vez e que se suman ás distintas liñas municipais de axuda ao deporte que teñen aberto estes días o prazo de solicitude, é paliar as dificultades coas que se atopan os/as deportistas individuais, en especial nas etapas de formación e, sobre todo, cando non existan entidades que ofrecen soporte ás súas necesidades específicas.

A convocatoria estivo aberta a deportistas residentes no noso concello nados/as a partir do 1 de xaneiro do ano 2002, e que reunisen os seguintes requisitos:

  • Practicar un deporte individual, regulamentado como tal.
  • Pertencer a categorías de base.
  • Residir no concello de Carballo como mínimo dende o 1 de xaneiro do 2019.
  • Dispoñer de licenza deportiva vixente durante o ano 2020.
  • Acreditar nivel deportivo na modalidade practicada e ter proxección nas previsións de futuro.

O Concello de Carballo tiña previsto conceder un máximo de 20 bolsas, dotadas con 300 euros cada unha, apoiando deste xeito a práctica e o rendemento deportivo, tanto en relación ao perfeccionamento técnico e á obtención dun maior rendemento nas respectivas modalidades deportivas coma para posibilitar a súa participación en eventos deportivos, facilitándolles o acceso a unha preparación integral axeitada que lles permita conseguir os seus obxectivos e, indirectamente, os do Concello de Carballo no ámbito deportivo. As bolsas son compatibles con outras axudas públicas ou privadas.

Descargas

Compartir: