Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

Carballo acolle este sábado a primeira do calendario ciclista galego en estrada para as categorías de base dende o 2019

O Trofeo Concello de Carballo 2021, organizado polo Club Ciclista Carballo-Vázquez y Reino, reunirá a 175 deportistas

Venres 21 de maio do 2021

Este sábado 22 de xuño dispútase no polígono industrial de Bértoa o Trofeo Concello de Carballo 2021. A carreira, organizada polo Club Ciclista Carballo – Vázquez y Reino, reunirá a 175 ciclistas de categorías base, 38 delas mulleres. Por parte do Club Ciclista Carballo-Vázquez y Reino tomarán a saída 21 corredores, parte dos cales repetiran participación ao día seguinte na XX Carreira da Ascensión de Santiago de Compostela, organizada polo Club Ciclista Compostelano.

A partir das 16:00 horas disputaranse as probas de cinco categorías: promesa, principiante, alevin, infantil e cadete, nas que tomarán a saída ciclistas de 19 equipos galegos. Os/as participantes terán que afrontar un circuito de 2,3 km que discorre polas rúas Titanio, Granito, Zinc, Madeira, Seixo, Cobre, Volframio e Bronce. Os/as alevíns darán dúas voltas; os/as infantís, 6 e os/as cadetes, 15. Nas categorías promesa e principiante haberá que superar un circuíto de habilidade instalado no aparcamento da rúa Titanio.

O Trofeo Concello de Carballo 2021 é a primeira proba do calendario ciclista galego en estrada para as categorías de base, que levan dende o 2019 sen ter opcións de competir. A situación sanitaria supuxo un esforzo de organización dunha proba con máis de 30 anos de historia, trasladándose do casco urbano ao polígono e tendo que prescindir do público que habitualmente anima aos ciclistas, entendendo que nestes momentos prima a saúde de todos e que os rapaces e rapaces poidan retomar a competición. Deste xeito, as carreiras celebraranse sen público e cun estrito control de accesos ás rúas que integran o circuíto, e con uso de máscara obrigatorio para os participantes en todo momento.

Nos labores de regulación de tráfico e medidas de control colaboran a Asociación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo e a Policía Local, así como máis de 20 persoas voluntarias por parte da organización.

Compartir: