Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

TOMA NOTA DOS CORTES DE TRÁFICO

Todo preparado para a disputa este domingo da 10K Carballo, que pecha a inscrición con 1.418 corredores

Nesta edición haberá caixóns de saída e adiantarase ás 10.30 horas o comezo da proba sénior

Xoves 13 de xuño do 2019

Un momento da rolda de prensa de presentación da proba

Un momento da rolda de prensa de presentación da proba

1.418 corredores e corredoras formalizaron a súa inscrición na 10K Carballo, que se disputará este domingo 16 de xuño consolidada como unha das mellores citas do Circuíto de Carreiras Populares Deputación da Coruña. Reservaron dorsal 690 atletas da categoría absoluta, 39 das xuvenil e cadete, 141 da infantil e alevín, 148 da benxamín, 340 das pitufo, 50 da biberón e 1 da adaptada.

Constará de tres probas: a 10K Carballo, oficial da FGA sobre unha distancia homologada de 10.000 metros, e puntuable nas categorías absolutas sub 20, sub 23, sénior e máster; a competición das categorías menores sub 18, sub 14, sub 12 e sub 10, tamén puntuables para o circuíto da Deputación; e as carreiras dos grupos de idade pitufos e biberón, non puntuables.

Unha das novidades é o adiantamento ás 10.30 horas da proba sénior, a primeira en disputarse. Como en pasadas edicións, os corredores terán á súa disposición servizos de avituallamento e de fisioterapia e recibirán o agasallo dunha camiseta. Outra das novidades importantes é que haberá caixóns de saída: os corredores, en función da marca que acrediten, terá un lugar reservado na saída.

Estes son os horarios de competición:

Entregaranse trofeos aos 1º, 2º, 3º clasificados masculino e feminino de cada unha das categorías no 10K así como nas sub 18, sub 16, sub 14, sub 12 e sub 10. As categorías sub 20, sub 23 e sénior" contemplaranse como única no que aos trofeos se refire. Tamén se premiará aos primeiros carballés e carballesa clasificados, ao corredor de maior idade, ao récord da proba, ao primeiro equipo clasificado, á entidade con máis participantes.

Descargas

Compartir: