Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

O volei regresa á praia de Razo cun completo programa de actividades que se estenderán ao longo de todo o verán

A Festa San Xoán 3D3, programada para mañá sábado, adíase ante as previsións de choiva

Venres 29 de xuño do 2018

Na presentación do cartel estiveron Marcos Trigo, Evencio Ferrero e Rosalino Mariño

Na presentación do cartel estiveron Marcos Trigo, Evencio Ferrero e Rosalino Mariño

O volei volve este verán á praia de Razo cun completo programa organizado pola a Asociación Deportiva e Cultural Voleipraia Costa da Morte, en colaboración co Concello de Carballo. O presidente da asociación, Rosalino Mariño; o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, e o alcalde, Evencio Ferrero, presentaron hoxe o vistoso cartel da actividade, que ten como protagonistas a xogadores e xogadoras locais.

Como novidade este ano, a organización decidiu instaurar o Premio Agustín Mourís, en honra ao concelleiro do PSOE noiés e un dos pioneiros do voleibol na Costa Morte, falecido en agosto de 2017. O galardón recoñecerá o labor deportivo e en valores dalgún dos xogadores ou xogadoras que participen no torneo que se disputa cada verán como remate da actividade e que este ano será a fin de semana do 11 e 12 de agosto.

Mañá sábado íase celebrar a Festa San Xoán 3D3, un campionato de palas finalmente adiado polas previsións de choiva. A organización buscará un nova data para cando o tempo acompañe e non desluza a competición.

Pero as redes quedarán xa instaladas no areal carballés desde o 1 de xullo ata 31 de agosto, e estarán dispoñibles para o público de 16.00 a 20.00 horas. Ademais, volverán as escolas de volei para todas as idades, de balde, de 17.00 a 18.00.

As actividades rematarán o 11 e 12 de agosto coa celebración do Torneo-Foliada Concello de Carballo, onde, ademais do campionato, haberá música, xogos sorpresa e unha paella para todos os participantes.

Toda a info e inscricións, en www.facebook.com/volei.razo e no teléfono 606 400 858.



Galería

Compartir: