Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.org

O prazo de solicitude rematará o vindeiro 7 de novembro

Un total de 654 nenos e nenas participaron nas actividades subvencionadas a través do programa de fomento do deporte escolar

O Concello de Carballo financia os proxectos de ANPAs e entidades cun total de 30.000 euros

Venres 27 de outubro do 2017

Ata o 7 de novembro está aberto o prazo para que as ANPAs e as agrupacións deportivos vinculadas aos centros de ensino de infantil e primaria poidan solicitar as subvencións destinadas á promoción e o deporte escolar. O Concello de Carballo destina un total de 30.000 euros ao financiamento dos programas deportivos que se desenvolvan ao longo do curso actual. O prazo de xustificación do gasto realizado rematará o 30 de xuño do ano 2018.

O ano pasado beneficiáronse desta liña de subvencións un total de 7 centros educativos, nos que se desenvolveron 44 escolas deportivas nas que participaron 654 nenos e nenas. Entre os meses de outubro de 2016 e maio de 2017 leváronse a cabo 2.178 sesións de diferentes actividades.

As bases da convocatoria figuran no apartado de Documentos, no que tamén pode descargarse o impreso de solicitude.

Descargas

Compartir: