Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

Abre o prazo de solicitude de subvencións para o fomento do deporte escolar

O Concello de Carballo financiará os proxectos de ANPAs e entidades cun total de 30.000 euros

Luns 23 de outubro do 2017

A partir de mañá martes, e durante un prazo de 15 días naturais, as ANPAs e as agrupacións deportivos vinculadas aos centros de ensino de infantil e primaria poden solicitar as subvencións destinadas á promoción e o fomento do deporte escolar. O Concello de Carballo destina un total de 30.000 euros ao financiamento dos programas deportivos que se desenvolvan ao longo do curso actual. O prazo de xustificación do gasto realizado rematará o 30 de xuño do ano 2018.

As bases da convocatoria figuran no apartado de Documentos, no que tamén pode descargarse o impreso de solicitude.

Descargas

Compartir: