Cultura

Cultura

- 2017 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.org

Ver localización

Subvencións culturais

A Concellaría de Cultura conta cunha liña de axudas para favorecer o desenvolvemento de actividades culturais, así como a conservación do patrimonio inmaterial de Carballo. Con ese motivo, convoca dúas subvencións anuais destinadas a darlle pulo ás actividades das distintas asociacións culturais do municipio e dos seus grupos de música:

  • Programa anual de Actividades Culturais: Este programa persegue contribuír á promoción da cultura e do tecido asociativo de carácter cultural e á potenciación do seu papel no desenvolvemento de citas relacionadas coa cultura, favorecendo o acceso dos cidadáns do municipio a este tipo de citas e promovendo a organización e realización de actividades por parte das distintas asociación e entidades do Concello.   
  • Convenio de actuacións musicais: Este acordo pretende contribuír á promoción da música e do folclore que se desenvolve no Concello de Carballo, a difundir o labor que as agrupacións musicais de persoas afeccionadas realizan, así como a colaborar coas diferentes entidades que ao longo do ano organizan diversos actos culturais en Carballo facilitándolles recursos que enriquezan as súas actividades.
  • Cabalgatas de Reis: Estas subvencións teñen por obxecto colaborar coas asociacións ou colectivos que organizan Cabalgatas de Reis ou outras actividades de animación infantil que festexan o Nadal. O seu obxectivo é o de contribuír ao mantemento de tradicións tan populares como as Cabalgatas de Reis, apoiando o papel do tecido asociativo de carácter cultural na organización destas actividades e a súa celebración en todas as parroquias do municipio.

Ademais destas liñas de axudas, existen outras convocatorias de subvencións dirixidas ás asociacións de nais e pais de alumnado (ANPAs) para o desenvolvemento de actividades culturais nos centros de ensino.

Compartir: