Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

DESCARGA AQUÍ O PROGRAMA COMPLETO

A adaptación teatral da novela “Flores de ferro”, na que participan máis de 60 persoas, abre o Programa das Letras

Martes 2 de maio do 2023

Foto do equipo de

Foto do equipo de "Flores de ferro" (Foto: CharoRori)

O teatro está presente nos diferentes programas culturais que desenvolve o Concello de Carballo ao longo do ano, e tamén o estará no Programa das Letras, que presentaremos integramente a vindeira semana. As actividades arrincarán o venres 5 coa actuación da Escola de Teatro Melandrainas, que presentará a adaptación teatral da novela Flores de ferro, da larachesa María Rei Vilas. O espectáculo, organizado pola Deputación da Coruña, comezará ás 21.00 horas no Pazo da Cultura, con entrada libre ata completar capacidade.

Flores de ferro é unha montaxe teatral creada por mulleres para dar visibilidade a outras mulleres. A Escola de Teatro Melandrainas cualifica a súa proposta coma “un proxecto de teatro 2.0”, no que se mesturan a representación en vivo coa proxección audiovisual para relatarnos as vivencias de Camila, protagonista do libro, a finais dos anos oitenta, cando descobre a verdadeira historia da súa familia.

Este proxecto teatral involucra a máis de sesenta persoas, e ademais é un traballo inclusivo, tanto porque o elenco está formado por persoas con diferentes capacidades como porque participan persoas de todas as idades, dende bebés ata maiores de 85 anos. Sen dúbida, unha proposta da que gozaremos o vindeiro venres.

No Programa das Letras de Carballo non poden faltar as actividades tradicionais do 17 de maio, como o concurso de pintura que organiza Lumieira desde hai anos ou a proposta non menos clásica Letras na Rúa, entre outras moitas actividades organizadas tanto dende o Concello de Carballo como por parte do movemento asociativo. Pero este ano tamén estará moi, moi presente a figura de Carlos O Xestal. Dentro do Ano do Xestal desenvolveranse varias iniciativas nas que contamos coa colaboración dos centros escolares e do Conservatorio Profesional de Música (CMUS). Podes descargar o programa completo máis abaixo.

Descargas



Galería

Compartir: