Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Así foi a entrega de premios do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís, que celebrou o seu 25º aniversario

A exposición das obras seleccionadas polo xurado está aberta ata o 31 de maio na Sala Alberto Gende do Pazo da Cultura

Venres 28 de abril do 2023

“Estamos nunha sala na que hoxe se unen os nomes de dous carballeses, Alberto Gende e Xosé Manuel Eirís, que seguen nos nosos corazóns. E precisamente por iso ben está que ano tras ano sigamos lembrándonos desas persoas que tanto lle teñen aportado á arte e á cultura neste concello e neste país”. Con estas palabras, Evencio Ferrero pechou o acto de entrega dos premios do certame fotográfico que leva o nome de Xosé Manuel Eirís e que se celebrou este xoves 27 na Sala Alberto Gende do Pazo da Cultura.

Foi un acto especial, porque 25 anos non se celebran todos os días, e por iso non podían faltar nin o pastel nin as candeas de aniversario. Pero ademais houbo reivindicacións, como a que fixo Verónica Ramilo, gañadora do Premio especial Carballo, para animar ás mulleres a presentarse a este tipo de concursos. E mesmo houbo unha intervención inesperada, en inglés, do artista británico Fred Langford Edwards, afincado en Barizo (Malpica), que deu pé ao alcalde para manifestar o seu desexo de que o noso certame reciba tamén o recoñecemento internacional.

De esquerda a dereita, Xavier Ferrer, Miguel Gómez, Verónica Ramilo e Iago Pensado

De esquerda a dereita, Xavier Ferrer, Miguel Gómez, Verónica Ramilo e Iago Pensado

Nesta edición do Xosé Manuel Eirís participaron 43 autores cun total de 101 obras, pero só catro foron as premiadas.

  • Adoración da típula, de Iago Pensado Malleu, recibiu un accésit de 300 euros, que lle foi entregado por Pilar Eirís, irmá de Xosé Manuel Eirís. A familia do homenaxeado tamén estivo representada por Jesús, Feliciano e Pablo Eirís.
  • En representación de Interfilm, patrocinador do Premio especial Carballo, Mónica Liñares fixo entrega dun cheque por valor de 500 euros a Verónica Ramilo Graña, pola fotografía O posto de Angelita de Lendo.
  • O segundo premio, dotado con 750 euros e patrocinado pola Fundación Luis Calvo Sanz, foi entregado por Luciano Calvo ao seu gañador, o ourensán Miguel Gómez Muñiz, pola fotografía titulada La playa.
  • Por último, o alcalde de Carballo entregou o primeiro premio, dotado con 1.500 euros, ao valenciano Xavier Ferrer Chust, que xa fora seleccionado no ano 2013, e que dez anos despois regresa a Carballo como gañador do XXV Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís pola imaxe titulada Díptico 678.

Podedes escoitar as súas intervencións no vídeo. E podedes ver tanto as fotografías gañadoras coma outras 25 seleccionadas polo xurado na exposición que está aberta na Sala Alberto Gende ata o 31 de maio, de luns a venres, de 17.00 a 21.00 horas.

Vídeos

Compartir: