Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

“A arte de ser mal pai”, “Pringadas” e “It`s fine, I’m fine”, trío de series web gañadoras para celebrar os dez anos do Carballo Interplay

Xosé Regueira, concelleiro de Promoción Económica e Turismo, e promotor do festival, participou na gala de entrega de premios

Luns 3 de abril do 2023

A serie web A arte de ser (mal) pai, que recolle os tres últimos días que pasa un home coa súa filla de 10 anos antes de separarse para sempre, foi a elixida polo público do Carballo Interplay e tamén recibiu o recoñecemento do xurado, que a distinguiu como mellor serie en galego ex-aequo con Pringadas, finalista tamén nos Premios Mestre Mateo.

O trío de ases desta décima edición do festival de contidos dixitais de Carballo complétase coa produción australiana It's fine, I'm fine, que segue o percorrido dunha psicóloga australiana de provincias mentres axuda aos seus pacientes para explorar o caos, o humor, a melancolía e a maxia inesperada da vida. Esta comedia recibiu os premios á mellor webserie e ao mellor guión.

Xosé Regueira

Xosé Regueira

Así quedou o palmarés:

  • Premio á mellor dirección, dotado con 200 euros e trofeo, para Fake Live, de Alexandre Paes Leme. Coa colaboración de CREA Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización.
  • Premio ao mellor guión, dotado con 200 euros e trofeo, para It’s fine, I’m fine, de Stef Smith. Coa colaboración de AGAG - Asociación Sindical Galega de Guionistas.
  • Premio do xurado novo, composto por Cés, Xulia Lomba e Xacobe Bruña, dotado con 400 euros e trofeo, para Frangines, de Laurent Dryon. TBH, de Lucia Kajánková, recibiu unha mención especial.
  • Premio do público, dotado con 400 euros e trofeo, para A arte de ser (mal) pai, de Jorge Boquete e Óscar Cruz.
  • Premio ao mellor proxecto de serie web en V.O. en galego, para A moza que abortou e o contou, de Eire Cid, Rosalía Quiroga e Cora
  • Premio á mellor serie en V.O. en galego, dotado con 800 euros e trofeo, ex aequo para A arte de ser mal pai, de Jorge Boquete e Óscar Cruz, e Pringadas, de Belén Puime.
  • Premio á mellor serie, dotado con 800 euros e trofeo, para It’s fine, I’m fine, de Stef Smith.

O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Regueira, de cuxo departamento depende a organización do Carballo Interplay, representou ao Concello de Carballo na animada e emotiva entrega de premios, que tivo lugar o sábado no Pazo da Cultura.

Compartir: