Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

INAUGURACIÓN O 14 DE DECEMBRO ÁS 11.00 H

Carballo acollerá unha exposición de beléns do mundo con pezas de artesanía únicas e de gran valor artístico

“De Belén ao Finisterrae” amosará no Pazo da Cultura unha parte dos máis de 2.500 beléns que integran a colección do Taller Museo Santxotena (Áraba)

Luns 12 de decembro do 2022

Este belén de Marilá Gómez Caamaño é unha das xoias da exposición

Este belén de Marilá Gómez Caamaño é unha das xoias da exposición

Este Nadal poderemos viaxar De Belén ao Finisterrae a través dunha das mellores coleccións de beléns de todo o estado. Unha selección das máis de 2.500 pezas artesás que integran o Taller Museo Santxotena (Áraba) chega a Carballlo para ofrecernos unha mostra única, froito de máis de vinte anos de traballo de Teresa Lafragua e Xabier Santxotena para dar a coñecer a historia, a cultura e a etnografía dos pobos dos cinco continentes.

A exposición, que chega por primeira vez a Galicia grazas á colaboración entre a área de Turismo do Concello de Carballo e a Deputación da Coruña, permítenos facer un percorrido ao longo das rutas xacobeas que conducen ao finisterrae galego.

Galicia é, de feito, un dos territorios con máis presenza. A nosa comunidade achega beléns creados por artesás e artesáns da provincia da Coruña como Alejandro Roig, Víctor Ares, Susana González, Carmen Piquer, Antonio Pereira (O Rulo), Juan Ferreira, Carlos San Claudio, Nano Unzueta, Fani Sánchez Barreiro e polos obradoiros Cerámica da Ulla, Feituras, Olería Aparicio, Alfarería O Falsete ou a oleira carballesa Marilá Gómez Caamaño. Na súa elaboración utilizáronse materiais como o barro, a porcelana, a miga de pan, téxtiles… converténdose deste xeito nunha mostra da ampla oferta artesá de Galicia.

A exposición De Belén ao Finisterrae será inaugurada o 14 de decembro, ás 11.00 horas, no Pazo da Cultura. Ao acto, aberto a toda a cidadanía, asistirán o concelleiro de Promoción Económica e Turismo e vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a directora do Taller Museo Santxotena, Teresa Lafragua. A mostra poderá visitarse ata o 15 de xaneiro no horario habitual de 16.30 a 20.30, de luns a sábado.

Unha tradición fortemente arraigada

Os beléns son unha tradición fortemente arraigada en toda Europa dende finais do século XIII, aínda que a nivel peninsular terían maior presenza a partir do século XIV grazas a promoción que fixeron deles as ordes relixiosas.

Na actualidade téñense convertido nun importante reclamo e atractivo turístico a nivel estatal, mesmo con rutas organizadas en distintas comunidades autónomas. Dende Turismo de Galicia, no noso contexto máis inmediato, destácase como primeiro punto da oferta de Nadal do 2021 o papel que xogaron os beléns de interese turístico. Ningún deles se situou na provincia da Coruña, unha eiva que superamos neste 2022 coa exposición internacional da que gozaremos en Carballo, e que supón, ademais dunha atracción turística de calidade, unha oportunidade de achegamento de toda a cidadanía ao patrimonio cultural e de promoción da artesanía como valor patrimonial e social.

Compartir: