Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

23 E 24 DE SETEMBRO, NO CASINO 1889

Carballo celebra 25 anos de Xiria Pop cun cartel musical de primeira que tamén rende homenaxe a Alberto Gende

Venres 16 de setembro do 2022

Marcos Trigo, Xabier Graña e Evencio Ferrero

Marcos Trigo, Xabier Graña e Evencio Ferrero

Manu Gastado & The Kosmik Tuwaregs (País Vasco), Pepsi & The Clits (Almería), Germán Salto (Madrid), The Cleopatras (Italia), Lamprea Explosiva (Vigo), Martin Savage & The Jiggerz (Londres), Buffalo (León) e os cabeza de cartel Asteroid B-612 (Australia), que recalan en Carballo na súa primeira xira por territorio español, conforman o cartel dun Xiria Pop moi especial, porque o festival promovido polo Concello de Carballo cumpre 25 anos e, como dixo o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, na presentación do cartel, hai moito que celebrar.

O fundador, alma e factótum do Xiria Pop, Xabier Graña, conseguiu ao longo destes 25 anos convertelo nun dos referentes do circuíto alternativo de festivais nacionais consagrados ao pop, o rock e demais sons de apelido anglosaxón. E por iso o alcalde, Evencio Ferrero, quixo felicitalo “por esta tenaz iniciativa, pensando sempre en ofrecer música de calidade e conseguindo que haxa xente que estará si ou si aínda que non se dean a coñecer os grupos, porque sabe que se vén ao Xiria Pop atopará calidade”.

Este ano o Xiria Pop celebrarase no Casino 1889, que abrirá as súas portas tanto venres coma sábado ás 21.00 horas, e ademais haberá unha sesión vermú o sábado no Logradouro. Polas limitacións de espazo, só se poñen á venda 120 bonos para os dous días a un prezo de 15 euros, e onte xa se levaban vendidos máis da metade. Se estás interesado/a só tes que pinchar aquí.

Pero o festival é especial tamén porque neste 25º aniversario utiliza como imaxe un debuxo de Alberto Gende “que está gustando moito”, apuntou Xabier Graña. É a homenaxe particular do Xiria Pop ao gran artista carballés, do que se conmemora este ano o décimo aniversario do seu pasamento.

Ligazóns

Compartir: