Cultura

Cultura

- 2022 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Constituída en Carballo a Fundación Manuel Facal

Venres 2 de setembro do 2022

Manuel Facal

Manuel Facal

O pasado 11 de agosto constituíuse en escritura pública a Fundación Manuel Facal, entidade sen ánimo de lucro que ten como obxectivo a conservación, promoción e difusión da obra do artista carballés Manuel Facal, así como da arte contemporánea en xeral.

O Padroado da Fundación Manuel Facal está presidido polo propio artista, mentres que como vicepresidente figura Evencio Ferrero, alcalde de Carballo, e como secretario, Jorge Mareque Facal. Nas vindeiras semanas sumaranse ao Padroado diferentes colaboradores e personalidades do mundo da arte que conformarán o Consello Asesor da Fundación.

A Fundación terá a súa sede permanente en Carballo, nun edificio que será rehabilitado como Museo Manuel Facal e que albergará boa parte da obra do artista carballés, entre pinturas, gravados e esculturas. Pretende ser un espazo vital, no que poderá expoñerse ao público o legado dun dos artistas galegos máis representativos da súa xeración. Así, a obra de Manuel Facal está presente en importantes coleccións de España, Estados Unidos, Francia, Alemaña, Venezuela, Porto Rico, Brasil, Arxentina, Bélxica, Noruega, Portugal e Holanda.

Entre as actividades que desenvolverá a Fundación destacan a edición de publicacións, exposicións, congresos e ciclos de conferencias sobre arte contemporánea, que converterán a Carballo nun referente da arte contemporánea actual.

A Fundación agarda contar co apoio de institucións públicas como o Concello de Carballo, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, así como de empresas privadas, para a creación deste novo espazo museístico, no que os visitantes poderán para atopar obras de Manuel Facal de diferentes épocas, que forman parte da extraordinaria colección privada do artista.

Ligazóns

Compartir: