Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Xosé Lois Romero & Aliboria, Xurxo Fernandes, Boyanka Kostova... e moito máis no Verán Cultural máis refrescante

O alcalde e o concelleiro de Cultura presentaron a programación que se desenvolverá en Carballo ao longo dos meses de xullo e agosto

Venres 1 de xullo do 2022

Concertos, circo, danza, maxia, literatura, cine e festas populares encherán o Verán Cultural máis refrescante. Para non perder o ritmo do San Xoán, os meses de xullo e agosto traerán a Carballo os ingredientes necesarios para elaborar o mellor e máis doce menú cultural da volta.

Despois do avance que presentamos hai uns días, hoxe o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, acompañado polo alcalde, Evencio Ferrero, deu a coñecer o programa completo, que podes descargar máis abaixo. A Praza dos Libros, do 7 ao 10 de xullo, marcará o inicio da programación, que traerá a Carballo a Bellón Maceiras con Mamá Cabra, Xosé Lois Romero & Aliboria, Nova Galega de Danza, Xurxo Fernandes, Uxía e Javier Ruibal, Boyanka Kostova, Desastronauts... Volven tamén o cine ao aire libre, as festas parroquiais, o tradicional festival de danza e música tradicional... E dentre as novidades que nos trouxo a pandemia tamén regresa a Praia dos Libros, como destacou Marcos Trigo.

A diversidade de espazos nos que se desenvolverá a programación, ao aire libre sempre que o tempo o permita, a variedade de xéneros e propostas, a calidade artística e a posta en valor da cultura galega conforman unha programación dirixida a toda a veciñanza de Carballo e comarca, visitantes e turistas.

O alcalde non puido resistirse a probar os xeados que se serviron na presentación

O alcalde non puido resistirse a probar os xeados que se serviron na presentación

"Ben está que o verán volva coa cultura e que a cultura estea no verán", comentou o alcalde, que non puido resistirse a probar os xeados que se serviron na presentación. Evencio Ferrero destacou que despois da excelente acollida que tivo o San Xoán, ao longo do verán seguirá soando a música, e convidou a toda a veciñanza a volver a desfrutar da cultura e das rúas.

Descargas

Compartir: