Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

O FIOT abre a inscrición para participar na nova edición do Certame Metro Cadrado

As representacións experimentais desenvolveranse no mes de outubro en localizacións singulares de Carballo, como o despacho do alcalde, a pista de skate, unha fábrica de chocolate artesanal ou o escaparate dunha tenda, entre outras

Xoves 26 de maio do 2022

Carballo prepárase para celebrar, no vindeiro outono, a gran festa das artes escénicas de Galicia: regresa o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, que este 2022 festexará a súa 31ª edición. No marco da súa programación habitual, o FIOT abre este mes a convocatoria do Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado, unha das liñas de programación máis queridas polo público local ao ofrecer creacións escénicas experimentais en espazos non teatrais e singulares da localidade. E unha vez máis convidamos ás compañías ou artistas emerxentes a crear ou deseñar un espectáculo (de teatro físico, música, clown, performance, danza, manipulación de obxectos...) de entre 10 e 20 minutos, que se poida poñer en escena, especificamente, nun espazo non teatral entre o 7 e o 29 de outubro de 2022.

Este ano os espazos ofertados serán o despacho do alcalde, un posto do mercado de abastos, unha pista de skate, unha aula empresarial, o balcón do Concello de Carballo para ver desde a rúa, un parque ximnasio para maiores, o espazo debaixo dunha ponte ao lado do río, un espazo cultural, un estudo de fotografía, unha tenda-fábrica de chocolate artesanal, unha tenda de zapatillas deportivas e moda urbana, e o o escaparate  dunha tenda de zapatillas deportivas

As propostas poderán ser tanto pezas orixinais como pezas xa estreadas, aínda que o xurado do certame (composto por diferentes persoas relacionadas coas artes escénicas) terá en conta a nova creación e, especialmente, a adecuación e a interacción cos espazos ofertados e a autoría propia. Ademais, atendendo ao interese do FIOT nos proxectos e experiencias teatrais singulares que fan un uso innovador de cultura dixital e a tecnoloxía, procurarase seleccionar cando menos unha proposta que se desenvolva ou no que teña un peso moi claro os medios en liña ou virtuais.

As pezas seleccionadas polo xurado, unha vez representadas, recibirán unha compensación económica de 450€. Ademais, todas as obras exhibidas serán valoradas polo público asistente mediante un sistema de votacións e optarán a premios de 150€ á Mellor nterpretación e ao Mellor Espectáculo. A dotación en premios do certame é dun total de 3.000€. O prazo de presentación de solicitudes, que se pode facer a través do correo electrónico fiot.microteatro@gmail.com, rematará o 30 de xuño.

No 2021 o FIOT recibiu un total de 36 propostas para participar no Metro Cadrado, tanto de profesionais destacados da escena galega como de colectivos ou agrupacións de afeccionados. As pezas que participaron, seis estreas absolutas, foron A miña casa é un palco de música, de Sara Guerrero (gañadora do recoñecemento do público á Mellor Interpretación); A/O pesar do tempo, de David Rodas González; Des-abonar, de Arroutadas (Lydia Prada e Mario Rodríguez López); Na sombra, unha árbore, de Ana Abad de Larriva; OldPlay, de Antón Coucheiro (gañadora do premio do público como Mellor Espectáculo); e Os crocodilos son bichos extremadamente vaidosos, de Núñez& Is Socios Limitados (Jimmy Núñez e Ernesto Is).

Ligazóns

Descargas

Compartir: