Cultura

Cultura

- 2022 +
- Xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
4
5
6
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

DO 2 AO 13 DE XUÑO

Xa temos datas e artistas para a edición 2022 do Rexenera Fest, que seguirá enchendo de cor as rúas carballesas

este ano contaremos con artistas de Galicia, Euskadi, Cataluña, Lituania e Países Baixos

Mércores 18 de maio do 2022 Cultura

Volve o Rexenera Fest, e as predicións artísticas anuncian intensas choivas de cores do 2 ao 13 de xuño. Virán acompañadas dunha tormenta creativa e musical, e xa vos anticipamos que deixarán pegada na paisaxe urbana. Pero oxalá todos os fenómenos meteorolóxicos adversos fosen coma os que estamos a piques de vivir no Festival Internacional de Arte Pública que vén organizando dende o ano 2015 a Concellaría de Promoción Económica e Turismo do Concello de Carballo, porque despois da treboada sairá o sol para amosarnos o arco iris en todo o seu esplendor.

Queres coñecer aos creadores e creadoras que encherán de cor a nosa vila?

  • Daan Botlek. Artista de rúa e ilustrador dos Países Baixos, internacionalmente coñecido polos seus estraños personaxes: figuras, xeralmente esquemáticas, que crea especificamente para cada parede e que a miúdo interactúan co espazo que as rodea, entrando e saíndo de dimensións invisibles e desprendéndose da pel no proceso. O seu estilo é único, e aínda que parecen simples, os seus debuxos son extremadamente complexos.
  • Udatxo é o nome artístico de Udane Juaristi, artista guipuzcoana que mestura pintura con colaxe e a técnica do transfer para crear un estilo propio, moi recoñecible. O carácter urbano é o eixo principal das súas obras; a rúa, a súa principal fonte de inspeiración: a través das fotografías que vai sacando nos seus paseos polo mundo crea esceas cheas de vida e cor.
  • Alba F. Sacristán, profesora de Arte en Barcelona, pintora e muralista, realiza obras de inspiración clásica. A análise da linguaxe e os conceptos da arte clásica están moi presentes nos seus murais, nos que reproduce unha pintura habitualmente figurativa, chea de forza e cor.
  • Marija Tiurina é a segunda representante internacional que teremos este ano no Rexenera Fest. A artista lituana virá a Carballo acompañada polos seus personaxes oníricos e cheos de cor para plasmar a súa paixón pola pintura e a arte.
  • Twee Muizen. A representación galega chega este ano en tándem. Twee Muizen, que en holandés significa “dous ratos”, son Denís Galocha e Cris Barrientos. El estudou Belas Artes e ela, Deseño de Moda, e despois do seu paso por Amsterdam, de onde trouxeron, ademais do nome, moitas ideas creativas que plasmaron nos bonecos de Cris e as pinturas de Denís. Afincados en Cataluña, pintaron o seu primeiro mural nunha sala de festas do Saviñao.

Ademais de pintar, en Carballo tamén dirixirán un obradoiro de iniciación ao tufting gun, ou tapices con la, que se celebrará do 8 ao 10 de xuño. O prazo de inscrición xa está aberto. Para participar envía un e-mail anexando o teu portfolio a actividades@rexenerafest.gal.

Este obradoiro será unha das actividades paralelas que se desenvolverán ao longo do festival. Tamén haberá rutas guiadas, xogos en familia e, o sábado 11, sesión vermú con Familia Caamagno e DJ Mil, que estará tamén na festa de peche. Se non queres perderte nada, non perdas de vista a web do Rexenera Fest. Deixámosche a ligazón de seguido.

Ligazóns

Compartir: