Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

O Concello organiza arredor do 1º de maio un ciclo de documentais sobre o movemento obreiro nas cuncas mineiras

As proxeccións realizaranse o 5 e o 26 de maio e o 9 de xuño, ás 20.00 horas, na Biblioteca Rego da Balsa

Venres 29 de abril do 2022 Cultura

A Concellaría de Cultura organiza, arredor do 1º de maio, un ciclo de documentais sobre o movemento obreiro nas cuncas mineiras. Precisamente este ano conmemórase o 60º aniversario da folga mineira de Asturias de 1962, que durou dous meses e que serviu coma detonante para outras folgas en todo o territorio nacional que mobilizaron a máis de 300.000 obreiros.

As proxeccións levaranse a cabo os días 5 e 26 de maio e o 9 de xuño, ás 20.00 horas, na Biblioteca Rego da Balsa. A entrada será libre e de balde. Estas son as propostas:

5 de maio
Mines de Figareo, memoria d’unha llucha
Baseada en feitos sucedidos entre os anos 1978 e 1980
Sinopse: Un repaso polos feitos e accións máis destacadas que protagonizaron os traballadores de Minas de Figaredo na loita pola nacionalización da empresa (1978-1980), un manual de guerrilla urbana e de pobo. Aínda resoan no val os berros de quen non viñan bendicir aos patróns: "Tirádeo, tirádeo!"

26 de maio
Los labios apretados
Baseada nos feitos sucedidos durante a revolución de 1934
Sinopse: En 2005, Sergio, o fillo dun mineiro asturiano emprende unha viaxe a Bos Aires sen saber que, en paralelo, inicia outra viaxe: a da memoria. Alí descobre un acontecemento histórico de talla mundial que ocorreu á beira da súa casa: a revolución de Asturias de 1934. E en ningunha clase de Historia lle contaran nada… O mozo navega a ámbolos dous lados do océano perseguindo o ronsel daquela revolución, que, aínda que escoitou nomear algunha vez aos anciáns do seu pobo natal, descoñece por completo.

9 de xuño
Remine
Baseada en feitos acaecidos no ano 2012
Sinopse: Máis de 4.000 mineiros declaran unha folga indefinida contra os recortes históricos aprobados polo goberno. Organizan a diario protestas: cortan estradas, encérranse a 700 metros de profundidade, andan 500 quilómetros ata Madrid… Pero xa nada é como antes… nin sequera os sobreviventes do último movemento obreiro.

Vídeos

Compartir: