Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Unha comisión moi renovada traballa para organizar o mellor regreso do San Xoán

Xa podes empezar a preparar a túa cachela, porque volve tamén un dos concursos máis tradicionais das nosas festas!

Mércores 27 de abril do 2022 Cultura

A comisión de festas ten o difícil reto de organizar o regreso do San Xoán despois de dous anos. Pero, como todos os retos, afróntase con moitísima ilusión, con máis ganas e co apoio das persoas que se foron sumando nos últimos meses. A renovada Asociación Cultural San Xoán está presidida por Sergio Varela Fuentes, e xunto a el figuran Gustavo Lorenzo Pena, como secretario, e os/as vogais Roberto Rancaño Lagoa, Inés Rodríguez Muíño, José Antonio Deus Antelo, María Pereira Mariño, Alba Cerqueiro Vázquez e Mª Carmen Pacoret Rey. A comisión organizadora complétana a concelleira de Festas, Maruxa Suárez Cotelo, e a técnica de Cultura, Carmen Castro Pombo.

O prazo de inscrición para o concurso de cachelas está aberto ata o 20 de xuño. Hai 2.450 euros en premios e subvencións!

Os pratos fortes do San Xoán serviranse este ano do 21 ao 26 de xuño, pero ademais haberá aperitivo e unha sobremesa para chupar os dedos! O 18 de xuño, como anunciou a Concellaría de Mocidade esta mesma semana, poderemos desfrutar tamén do regreso do Rockin’Carballo, o festival de música alternativa que tradicionalmente vai ligado tamén ás nosas festas. E a sobremesa máis doce chegará o 3 de xullo na Festa do Bosque, que tamén volve despois de dous anos coa intención e o desexo de recuperar por todo o alto unha das tradicións máis arraigadas da nosa semana grande.

Falando de tradicións, se hai algo que non pode faltar no San Xoán son as cachelas. Xa podedes ir empezando a preparalas, porque haberá concurso e premios! Temos 2.450 euros para repartir entre premios e subvencións á participación. Consulta as bases que podes descargar máis abaixo e inscríbete na Biblioteca Rego da Balsa (981758580). Tes de prazo ata o 20 de xuño. E lembra ademais que o 9 de maio remata o prazo para participar no concurso de carteis!

Descargas

Compartir: