Cultura

Cultura

- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
11
12
13
14
15
17
18
19
20
21
22
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

200 estudantes de 3º da ESO asistiron ás representacións do espectáculo "Bravas" no Pazo da Cultura

Xoves 17 de febreiro do 2022

Isabel Risco, hoxe, no escenario do Pazo da Cultura

Isabel Risco, hoxe, no escenario do Pazo da Cultura

Un total de 200 alumnos e alumnas dos centros Artai, Alfredo Brañas e Isidro Parga Pondal asistiron hoxe ás dúas representacións do espectáculo Bravas que ofreceu a actriz Isabel Risco no Pazo da Cultura, dentro do programa de teatro escolar que se desenvolverá ao longo do curso.

Isabel Risco propúxolles un xogo desde o teatro cómico e comprometido. Alegre e combativa, porque entende que se non podemos bailar, se non é divertíndonos, tampouco é a nosa revolución. Así, con este espectáculo pretende tamén reivindicar o humor das mulleres, que ofrece unha perspectiva única, plural, diversa, poliédrica e tan necesaria da realidade.

O espectáculo fai unha viaxe no tempo con paradas en diversas estacións, reparando nas pequenas e grandes historias protagonizadas polas nosas mulleres. Isabel Risco púxose na pel dunha muller do rural galego de finais do século XXVII, dunha muller en loita en plena revolución industrial, dunha rapaza que descobre o mundo nos anos 60... Mulleres do noso pasado, do noso presente e, tamén, do noso futuro.

Compartir: