Cultura

Cultura

- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
11
12
13
14
15
17
18
19
20
21
22
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Isabel Risco representa o seu espectáculo “Bravas” para o alumnado de 3º da ESO

A oferta de teatro escolar do Concello de Carballo para tamén “A parábola do angazo”, de Talía Teatro, con funcións para a rapazada de Secundaria

Mércores 16 de febreiro do 2022

Isabel Risco en

Isabel Risco en "Bravas"

O alumnado de 3º da ESO do colexio Artai (10.00 horas) e dos IES Alfredo Brañas e Isidro Parga Pondal (12.00 horas) estrea o programa de teatro escolar do Concello de Carballo. Este xoves 17 de febreiro actuará para eles e elas a actriz Isabel Risco co espectáculo Bravas, no que nos ofrece a súa particular visión da historia das mulleres galegas.

Isabel Risco proponnos un xogo desde o teatro cómico e comprometido. Alegre e combativa, porque entende que se non podemos bailar, se non é divertíndonos, tampouco é a nosa revolución. Así, con este espectáculo pretende ademais reivindicar o humor das mulleres, que ofrece unha perspectiva única, plural, diversa, poliédrica e tan necesaria da realidade. fai un repaso histórico pola nosa era, desde a época castrexa ata o século XXIII. Unha viaxe no tempo con paradas en diversas estacións, reparando nas pequenas e grandes historias protagonizadas polas nosas mulleres. Isabel Risco ponse na pel dunha muller do rural galego de finais do século XXVII, dunha muller en loita en plena revolución industrial, dunha rapaza que descobre o mundo nos anos 60... Mulleres do noso pasado, do noso presente e, tamén, do noso futuro. E todo isto pasado polo filtro, sempre aloucado, sempre cómico, sempre sorprendente desta actriz sen igual.

Presentación de

Presentación de "A parábola do angazo"

E despois desta reivindicativa estrea, o teatro escolar traeranos tamén este curso a Talía Teatro con A parábola do angazo, nunha iniciativa da área de Mocidade e Normalización Lingüística para achegar ao alumnado de Secundaria as fortalezas do galego como lingua, poñendo en valor a tradición oral, difundindo entre a rapazada a importancia do uso do galego en técnicas e métodos audiovisuais modernos e fomentando a creación cultural en galego.

Deste xeito, despois do éxito acadado con Bicos con lingua e Pelos na lingua, a compañía Talía Teatro presenta un novo espectáculo destinado a provocar unha reflexión sobre a lingua entre a mocidade. A parábola do angazo completa a triloxía coa intención, segundo a propia compañía teatral, de vincular as raíces do noso idioma co que agora somos. A proposta teatral, cunha linguaxe e un formato moi actual, imitando aos ídolos da mocidade nas redes sociais, está dirixida por Quico Cadaval e interpretada por Artur Trillo, e afonda na importancia de poñer en valor a nosa lingua, transmitindo á mocidade que está tamén na súa man conseguilo.

Compartir: