Cultura

Cultura

- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
11
12
13
14
15
17
18
19
20
21
22
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

O Concello de Carballo contribuíu ao mantemento de 24 asociacións culturais durante a pandemia

As axudas permitíronlles afrontar a importante repercusión que tivo a COVID-19 no seu funcionamento habitual

Xoves 10 de febreiro do 2022

Ruta polo río Anllóns guiada polo Instituto de Estudos Bergantiñáns

Ruta polo río Anllóns guiada polo Instituto de Estudos Bergantiñáns

O Concello de Carballo quixo contribuír ao mantemento do tecido asociativo durante a pandemia reforzando especialmente as axudas dirixidas a entidades sociais e empresariais, pero tamén as destinadas a apoiar o asociacionismo deportivo e cultural.

En relación a este último, a liña extraordinaria de subvencións para a realización do programa anual de actividade cultural dos anos 2020 e 2021 (ata o 31 de outubro), permitiu achegar un total de 31.931,26 euros a 24 entidades, segundo a distribución que detallamos de seguido: 

  • Asociación Cultural Arume: 3.137,44 €
  • Asociación Cultural O Candil: 1.033 €
  • Asociación Cultural Mestra Carmen Cancela: 606,08 €
  • Asociación Cultural San Campio de Cances: 2.145,06 €
  • Centro Social San Xoán Bautista: 1.872,03 €
  • Asociación de Pais Católicos San Xoán Bautista: 1.068,50 €
  • Asociación Santiago Apóstol de Sísamo: 1.692,48 €
  • Asociación Xuvenil Arume: 3.103,20 €
  • Asociación Xuvenil Fogar da Xuventude: 668,13 €
  • Asociación de Terceira Idade San Xoán Bautista: 932,69 €
  • Comité de Irmanamento con L’Isle Jourdain: 587,99 €
  • Coral Polifónica de Bergantiños: 1.091,75 €
  • Asociación Coro Aires de Bergantiños: 640,69 €
  • Asociación Cultural Mons-RNemeth: 787 €
  • Asociación Cultural Coro Vagalume: 3.325,30 €
  • Asociación Deportiva, Cultural e Recreativa Baldaio: 723,94 €
  • Asociación Cultural e Veciñal A Fonte Salgueira: 1.110 €
  • Asociación Ambiental Senda Nova: 2.185,53 €
  • Asociación Instituto de Estudos Bergantiñáns: 550 €
  • Asociación Deportiva, Cultural e Recreativa San Martín de Razo: 834,80 €
  • Asociación de Veciños Santa María de Ardaña: 1.915,72 €
  • Asociación Cultural Lumieira: 848,10 €
  • Padroado Fogar de Bergantiños: 335,33 €
  • Asociación Cultural Castro de Lema: 736,50 €  
Outras dúas solicitudes presentadas foron rexeitadas por non axustarse ás bases.

A convocatoria permitiu colaborar coas asociacións tanto para o desenvolvemento dos seus programas anuais de actividades como, sobre todo, para o mantemento das entidades.

Nesta ocasión incluíronse medidas de carácter extraordinario para axudar ás entidades sen ánimo de lucro a afrontar a situación anómala e excepcional provocada pola COVID-19 e atenuar a repercusión da pandemia sobre o seu funcionamento e sobre o cumprimento do seu papel na promoción cultural de Carballo. De feito, seis das asociacións só presentaron programa relativo a un dos dous anos incluídos na convocatoria e cinco unicamente presentaron gastos xerais de mantemento e xestión da propia entidade. En 7 casos tamén se contribúe con estas subvencións ao financiamento das cabalgatas de Reis do ano 2020.

Compartir: