Cultura

Cultura

- 2021 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
18
22
23
24
25
28
29
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Os Ratos de Lonxedetodo regresan a Carballo para celebrar o Día das Bibliotecas durante todo o ano

A partir do mércores 27 podedes facer as reservas para a primeira visita da temporada, que será o 3 de novembro cunha “Viaxe pola Galicia encantada”

Sábado 23 de outubro do 2021

O 24 de outubro celébrase o Día Internacional das Bibliotecas, unha data que convida a reflexionar sobre a súa importancia para a historia da humanidade como lugares de acubillo da cultura. Nesta ocasión non podemos convidarte a festexalo visitando as nosas bibliotecas nese día, porque é domingo e están pechadas, pero ao longo do ano tes moitísimas oportunidades, e tamén moitísimos motivos, para achegarte. E para que teñas un máis, xa temos preparado o regreso a Carballo dos Ratos de Lonxedetodo, con once historias para contar e cantar que estenderán a todo o ano a conmemoración do Día das Bibliotecas.

Dende o 3 de novembro ata o 18 de maio, os ratiños de TrinkeTrinke Teatro convidarán aos nenos e nenas a percorrer as nosas tradicións máis antigas, a traballar pola paz, a comer alimentos saudables, a respectar a diversidade, a loitar contra o cambio climático, a afrontar e resolver os problemas, a interesarse pola ciencia, a descubrir o grande que é o mundo e a aprender dos maiores, e todo iso a través dunha serie de espectáculos teatrais e musicais dos que, sen dúbida, a cativada desfrutará coma sempre.

Estas son as propostas e as datas para este curso na Biblioteca Rego da Balsa:

  • 3 de novembro, “Viaxe pola Galicia encantada”
  • 17 de novembro, “Non máis guerras”
  • 1 de decembro, “Aventuras na cociña”
  • 12 de xaneiro, “Familias diversas”
  • 26 de xaneiro, “Asociación de animais solidarios”
  • 9 de febreiro, “Problemas”
  • 23 de febreiro, “As illas do tesouro”
  • 9 de marzo, “Cores e persoas”
  • 23 de marzo, “Viaxe a Sudamérica”
  • 6 de abril, “O cole de Lonxedetodo”
  • 18 de maio, “Avós”

Os espectáculos van destinados a nenos e nenas de 4 ao 8 anos, que poderán acudir acompañados/as por unha persoa adulta. Como xa vén sendo habitual, haberá dúas funcións cada mércores: unha ás 17.00 e outra ás 18.30 horas. Os convites poderán reservarse dende unha semana antes chamando ao 981758580, así que a partir deste mércores 27 de outubro xa podedes pedir praza para a viaxe pola Galicia encantada do 3 de novembro. E, por suposto, sempre que queirades, as nosas bibliotecas están abertas para vós.

Compartir: