Cultura

Cultura

- 2021 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
18
22
23
24
25
28
29
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

A compañía Ron Lalá e a estrea en Galicia virtual e presencial da nova creación de Onírica Mecánica, pratos fortes da cuarta semana do FIOT30

O programa Teatro de Rúa despídese até o ano que vén cunha actuación gratuíta de SU.MA o venres 15 na Praza do Concello

Mércores 13 de outubro do 2021

Escena de

Escena de "Andanzas y entremeses de Juan Rana" (Foto: David Ruiz)

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo chega a súa cuarta fin de semana de programación, e faino recuperando dous pratos fortes deste FIOT30 que non puideron estar presentes na edición ‘en pausa’ de 2020Andanzas y entremeses de Juan Rana, de Ron Lalá e a Compañía Nacional de Teatro Clásico, e Ronem Ram, instalación de Onírica Mecánica, que denuncia a situación ambiental do Mar Menor, e que terá a súa estrea galega esta semana tanto no seu formato virtual coma presencial no marco do ciclo OTNI.

"RonemRam.0", a última creación de Onírica Mecánica (Foto: MarcosG.Punto)

A programación escénica da semana comezará o xoves 14 coa estrea da versión virtual de RonemRam.0, a última creación da compañía Onírica Mecánica, que mestura ciencia e ficción especulativa, artes plásticas, arte sonoro e diversos recursos tecnolóxicos desde unha mirada narrativa e teatral. Ronem Ram, que é Mar Menor ao revés, é unha instalación que pon de manifesto a situación dunha paisaxe en crise e do colapso ambiental no que se atopa este ecosistema. O creador Jesús Nieto trata de achegar ao público unha ollada sobre o futuro desde un presente cambiante, veloz e incerto, que convida a reflexión sobre o cambio climático. Todas aquelas persoas que mercasen a súa entrada para esta función virtual a través da plataforma ataquilla.com, recibirán un enlace no seu correo electrónico para visualizar esta versión expandida en liña.

Ao día seguinte, o venres 15, entre as 17.00 e as 22.00 horas, o público poderá gozar deste dispositivo escénico de xeito presencial no Pazo da Cultura a través dun percorrido vivencial, unha experiencia individual na que cada visitante, seguindo o son duns auriculares, percorrerá diferentes pezas plásticas interactivas que conforman esta estraña viaxe a un ecosistema especulativo do futuro. Con Ronem Ram, Onírica Mecánica confronta dous dos grandes problemas que a crise actual puxo de manifesto e que forman parte dun dos eixos temático deste FIOT30: o futuro do medio ambiente e, en consecuencia, o dos seres humanos.

Na tarde do sábado 16 de outubro, ás 20.30h, chegará unha das funcións máis agardadas desta 30ª edición: Andanzas y entremeses de Juan Rana, de Ron Lalá e a Compañía Nacional de Teatro Clásico. A participación de Ron Lalá neste FIOT30 é unha das cuestións máis salientables deste ano, pois é unha das compañías máis queridas polas espectadoras e espectadores de Carballo (como proba, o Premio do Público acadado en dúas ocasións, no 2013 e 2016). O espectáculo, previsto inicialmente para a edición de 2020, representarase por fin no Pazo de Cultura ante un respectable desexoso de volver gozar cunha dramaturxia de Álvaro Tato dirixida por Yayo Cáceres. Nesta ocasión, Ron Lalá mestura realidade e ficción cua celebración dun xuízo que pode cambiar o curso da historia: a Insiquisión acusa a Juan Rana, o comediante máis célebrare do Século de Ouro, por facer rir co seu humor irrevetente e burlesco no que retrata a toda a sociedade. Partindo deste suposto, Ron Lalá pregúntase cales son os límites do humor. Sen dúbida, a gargallada está garantida en Carballo.

Metro Cadrado e Teatro de Rúa

O sábado 16 desenvolverase tamén a segunda xornada da V edición do Certame Metro Cadrado, desta quenda coas estreas absolutas de Na sombra, unha árbore, de Ana Abad de Larriva, e Os crocodilos son bichos extremadamente vaidosos, de Núñez&Is Socios Limitados, o novo proxecto escénico de Jimmy Núñez e Ernesto Is. Mentres que a primeira peza terá lugar ás portas da Bibliotec Rego da Balsa, a segunda será na cafetaría Xardín municipal. O FIOT lembra que as pezas deste certame con propostas creadas especificamente para desenvolver nestes puntos do espazo público de Carballo, abertas á cidadanía e que se poderán ver, nos dous casos, ás 12.30, 13.30, 18.00 e 19.00 horas. Para asistir, a organización recomenda realizar unha reserva previa a través do correo electrónico fiot.microteatroentrada@gmail.com.

Coa cuarta semana de programación chega tamén a despedida do programa familiar Teatro de Rúa, que se celebrou a ceo aberto nas rúas de Carballo. Este venres 15, concretamente, será a quenda da compañía galega SU.MA (a trapecista e actriz Sue Moreno, e a música e bailaría María Move), que chegan a Carballo dispostas a sorprender ao público co seu primeiro traballo, de fusión multidisciplinar, baixo a dirección de Gonçalo Guerreiro (Elefante Elegante). Xogo e imaxinación, acrobacia aérea e voz cantada en directo son os ingredientes de Ikigai, un espectáculo de danza e circo 360º no que dous personaxes crearán mundos de fantasía grazas ao uso creativo dos elementos e a destreza comunicativa co espectador.

Xornada profesional de Escena Galega

Por último, o FIOT acollerá este xoves 14 a celebración das xornadas profesionais anuais da Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas, Escena Galega, un espazo de diálogo e traballo da principal estrutura creativa e de produción de artes escénicas en Galicia, na que participarán diferentes axentes de referencia do sector.

Nesta xornada, que se celebrará entre as 09.30 e as 18.30 horas no Salón de Actos do Pazo da Cultura, abordaranse os retos aos que se enfronta o sector escénico profesional galego neste 2021, o ano da transición post-pandemia, e os seguintes. A inauguración, que terá lugar ás 09.45 horas, contará coa participación do director do FIOT, Alberto Sueiro, o director da Agadic, Jacobo Sutil, e o presidente de Escena Galega, Juan Rodríguez. Durante a mañá sucederanse as charlas e mesas redondas, mentres que no horario de tarde terán lugar os espazos de traballo en común. Para máis información desta proposta, pódese consultar o web www.fiot.gal

Programación

14.10.2021 | 9.45 horas
Pazo da Cultura. Salón de Actos
Inauguración da Xornada profesional de Escena Galega 2021: Retos do sector escénico profesional galego fronte á post-pandemia

14.10.2021 | 21.00 horas
Pazo da Cultura (función en liña)
OTNI | Onírica Mecánica: RonemRam.0
15.10.2021 | 17.00 a 22.00 horas
Pazo da Cultura
OTNI | Onírica Mecánica: Ronem Ram

15.10.2021 | 19.00 e 20.00 horas
Estación Vella de Autobuses
OTNI | FIOT Fónico: O espello que arde

15.10.2021 | 20.00 horas
Praza do Concello
Teatro de Rúa | SU.MA: Ikigai

16.10.2021 | 12.30, 13.30, 18.00, 19.00 horas
Biblioteca Rego da Balsa
Certame Metro Cadrado | Ana Abad de Larriva: Na sombra, unha árbore

16.10.2021 | 12.30, 13.30, 18.00, 19.00 horas
Cafetaría Xardín Municipal
Certame Metro Cadrado | Núñez & Is SL: Os crocodilos son bichos extremadamente vaidosos

16.10.2021 | 19.00 e 20.00 horas
Estación Vella de Autobuses
OTNI | FIOT Fónico: O espello que arde

16.10.2021 | 20.30 horas
Pazo da Cultura
Programa de Sala | Ron Lalá e CNTC: Andanzas y entremeses de Juan Rana

17.10.2021 | 13.00 e 19.00 horas
Estación Vella de Autobuses
OTNI | FIOT Fónico: O espello que arde

Todas as fins de semana | A calquera hora
Fórum Carballo
OTNI | FIOT Fónico: A lúa, válvula de spray

Compartir: