Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

#FIOT30

Talía Teatro presenta a súa nova proposta, "A parábola do angazo", que será o eixo da programación do FIOTenn

As primeiras representacións, abertas a todo o público, realizaranse o sábado e o domingo dentro da oferta da "Rúa dos contos"

Mércores 29 de setembro do 2021 Cultura

Particiipantes na presentación de

Particiipantes na presentación de "A parábola do angazo" (Foto Vanessa Rábade)

A proposta máis atrevida e retranqueira do FIOT, a Rúa dos Contos, contará esta fin de semana con dúas estreas absolutasDesta sairemos mellores, que Ángela Triana interpretará o 1 de outubro, ás 21.00h, no Espazo Xove de Carballo; e A parábola do anganzo, de Talía Teatro, que a compañía presentou esta mañá no Pazo da Cultura acompañada polo director do FIOT, Alberto Sueiro, e o concelleiro de Cultura de Carballo, Marcos Trigo.

A peza (que poderá verse o sábado 2, ás 22.00h, e o domingo 3, ás 19.00h, no Salón de Actos do Pazo da Cultura) parte dunha recollida polo Padre Sarmiento no século XVIII, na que un mozo que emigra a Castela, á súa volta ao fogar, esquece a súa lingua nai: o galego. Talía Teatro leva a escena unha comedia para público xuvenil e adulto dirixida por Diego Rey e protagonizada por Artur Trillo e Toño Casais, na que os dous intérpretes farán unha viaxe pola historia da nosa lingua, a través dun diálogo fluído e cargado de humor, enlazando episodios do noso pasado para explicar o que sucede no noso presente. 

Toño Casais e Artur Trillo ofreceron un anticipo da representación

Toño Casais e Artur Trillo ofreceron un anticipo da representación

Precisamente Talía Teatro -compañía gañadora do Premio do Público 2010- desenvolveu nas últimas semanas unha residencia no Pazo da Cultura para a preparación deste novo espectáculo, unha proposta áxil e versátil, con textos de Araceli Gonda, Sechu Sende, Ana Carreira ou María Lado, entre outras voces, que forma parte da programación da Concellaría de Normalización Lingüística para este curso co apoio da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Ademais, tal como recordou Alberto Sueiro, A parábola do angazo será o eixo da programación do FIOTeen, dirixido especificamente aos adolescentes da comarca e que se desenvolverá nas últimas semanas de outubro.

O programa da Rúa dos Contos para esta fin de semana completarase con funcións de Sexo débil, o carallo!, de Arantxa Treus (día 1, no Casino 1889, ás 23.00 horas) e Camiños, de Paula Carballeira (domingo 3, ás 20.00 horas, no Mercado Municipal).

Comeza Teatro de Rúa

Este venres, 1 de outubro, tamén dará comezo outra das liñas de programación do FIOT abertas a todos os públicos: Teatro de Rúa, o programa de artes escénicas e artes circenses que se espalla polas rúas de Carballo. A compañía galego-arxentina A Vela Circo será a responsable de presentar ao público o seu primeiro espectáculo A corda, cunha orixinal e divertida posta en escena ateigada de circo do absurdo, caos, humor e poesía para toda a familia.

Compartir: