Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

AVISO!

Novas datas para a saída á venda dos bonos e as entradas do programa de sala do FIOT30

Xoves 23 de setembro do 2021 Cultura

O recente anuncio da Xunta sobre a ampliación dos aforos para auditorios e teatros en Galicia ofrece ao Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo 2021 a posibilidade de facilitar o acceso aos seus espectáculos de sala a un maior número de espectadores.

Deste xeito, o FIOT pospón a activación da venda de bonos e entradas prevista para este venres 24 para aplicar as novas medidas unha vez publicadas oficialmente no DOG, adaptando o sistema informático da súa billeteira para a asignación de butacas respectando os novos aforos e as medidas adecuadas de seguridade, distancia e acceso á sala.

Os bonos do programa de sala do FIOT30 poderán adquirise en Ataquilla.com a partir deste martes, 28 de setembro, ás 10.00h, ata o mércores 29, ás 23.59h

Pola súa banda, as entradas individuais do Programa de Sala e do FIOT en Ruta sairán á venda en Ataquilla.com o xoves, 30 de setembro, a partir das 17.00h

Compartir: