Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Chegan as "Tardes de conto" para comezar o curso con ilusión ao abrigo da Biblioteca Rego da Balsa

Aberto o prazo de inscrición para o primeiro espectáculo, que será o xoves 9 e que terá a Caxoto como protagonista

Xoves 2 de setembro do 2021

A quen non lle gusta que Caxoto, Nelson Quinteiro, Luis Vallecillo, Alba Grande, Paco Nogueiras, Anxo Moure, O mago Paco, María Faltri e Jorge Juncal lle conten ou lle canten historias? A nós rechíflanos! E por iso fixémoslles un convite para que veñan a Carballo. Grazas a estes e estas grandes artistas, comezaremos o curso con toda a ilusión que nos traerán as “Tardes de Conto” na Biblioteca Rego da Balsa.

“Unhas gafas coma as do avó” é o primeiro dos oito títulos previstos para as vindeiras semanas. Será o xoves 9, con Caxoto e Gema Santos como protagonistas, e é un espectáculo inclusivo, no que ademais da lingua oral tamén se utiliza a lingua de signos. Está primeira proposta está dirixida a nenos e nenas de 4 a 12 anos, pero fíxate nas idades recomendadas que atoparás xunto a cada unha das que integran o cartel. A reserva de prazas realizarase, como é habitual, dende unha semana antes e chamando ao 981758580.

As “Tardes de Conto” desenvolveranse no auditorio da biblioteca, cumprindo todas as medidas de prevención da COVID-19. Pero, dado que o aforo é limitado, as funcións tamén se retransmitirán por streaming a través das redes sociais das Bibliotecas de Carballo, Cultura Carballo e Concello de Carballo (YouTube e/ou Facebook).

Compartir: