Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Carballo está presente no encontro "Mulleres e cultura urbana", que se celebra os días 3 e 4 de setembro na Cidade da Cultura

A técnica de Turismo, Maite Parga, participa o venres nunha mesa redonda sobre feminismos e boas prácticas

Xoves 2 de setembro do 2021

A Cidade da Cultura de Galicia acolle do 3 ao 4 de setembro a celebración do encontro Mulleres e Cultura Urbana,  un evento impulsado por 7H Cooperativa Cultural co apoio do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 que procura fomentar o intercambio de experiencias, a creatividade colectiva e o espírito crítico na abordaxe das desigualdades de xénero no sector.

Esta segunda edición do encontro busca consolidar a iniciativa e convertela en referente iberoamericano na promoción da cultura urbana como patrimonio cultural contemporáneo desde unha perspectiva innovadora e feminista.

Mulleres e Cultura Urbana propón en 2021 dúas xornadas de análise, exhibición e creación artística colectiva en clave de xénero arredor da cultura urbana galega. O programa de actividades, dirixido tanto a profesionais do sector como a público mozo e familiar, combina propostas de experimentación creativa nos eidos do graffiti, a música, o baile e o deporte co diálogo, a reflexión e o intercambio de experiencias.

Deste xeito, o encontro ten como obxectivos:

  • Propiciar a difusión de creacións culturais e artísticas ligadas á cultura urbana en Galicia.
  • Darlle visibilidade á presenza da muller na cultura urbana e analizar de xeito colectivo as desigualdades de xénero presentes neste sector.

O encontro divídese en dúas xornadas que se complementan, unha de carácter teórico e formativo (o venres no Auditorio 1 Edificio CINC) e outra orientada á creación experimental e cun espírito máis lúdico (o sábado, no Xardín do Teatro). Na primeira delas estará presente o proxecto de arte pública do Concello de Carballo, do que falará a técnica de Turismo, Maite Parga. Na ligazón inferior tes toda a info.

Ligazóns

Compartir: