Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

A praia de Razo converteuse no inmellorable escenario de despedida dun "Verán Cultural" para todos os públicos

O espectáculo “Un barquiño de pau”, da compañía A Tropa de Trapo, pechou a programación estival da Concellaría de Cultura

Mércores 25 de agosto do 2021

Actuación de A Tropa de Trapo, hoxe, na praia de Razo

Actuación de A Tropa de Trapo, hoxe, na praia de Razo

Catro espectáculos infantís, catro proxeccións de cine e sete concertos achegaron a maxia, o circo, a danza, o cine e os máis variados estilos musicais ao público carballés durante os dous meses de “Verán Cultural”. Hoxe a praia de Razo converteuse nun escenario inmellorable para a despedida, co tempo ao noso favor e un público integrado por pequenísimos espectadores nos que queremos que prenda a semente da cultura.

A Tropa de Trapo representou esta mañá xunto á caseta da Praia dos Libros, que tan boa acollida está tendo, o espectáculo “Un barquiño de pau”, co mar de fondo e para un público familiar integrado por máis de medio cento de cativos e cativas, mamás e papás, que desfrutaron e aplaudiron a rabiar.

Cunha traxectoria de máis de vinte anos, o Verán Cultural achegounos durante os meses de xullo e agosto “un programa diverso e de calidade, para todas as idades, para xente de aquí e para todas as persoas que se achegan ao noso concello nestas datas, e tamén para dar a coñecer propostas artísticas locais e galegas”, como destaca o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo.

Concerto de Budiño&Novoa no escenario da rúa Jacinto Amigo

Concerto de Budiño&Novoa no escenario da rúa Jacinto Amigo

A Banda do Verán, Budiño&Novoa, Baiuca, La Crema, Maraya Zydeco, Pepe Vaamonde Banda, Xacarandaina e a Banda Municipal de Brión encheron as noites de verán da mellor música con denominación de orixe galega, nalgúns casos cos aforos completos e mesmo con lista de agarda.

Todos os espectáculos foron de acceso gratuíto, con aforo limitado e coas medidas sanitarias preceptivas. A variedade de escenarios foi outra das características do programa. Este ano apostamos polas nosas praias para o cine, para que aparcase o camión do Mago Antón ou para que, coma hoxe, as familias carballesas e as que veranean no noso concello puidesen gozar dunha proposta á medida dos máis peques.

Ata fin de mes aínda poderedes seguir gozando da oferta cultural e turística que ofrecemos este verán a pé de praia, na Praia dos Libros.

Compartir: