Cultura

Cultura

- 2020 +
- Agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Carballo non poderá celebrar as festas de San Xoán por mor das limitacións establecidas polo Goberno do Estado

A Concellaría de Festas tratará de ofrecer actividades alternativas sempre que a situación sanitaria o faga posible

Xoves 30 de abril do 2020

Membros da comisión, nunha das xuntanzas celebradas este ano

Membros da comisión, nunha das xuntanzas celebradas este ano

Este ano non haberá San Xoán. As limitacións establecidas nas “Fases de transición cara unha nova normalidade” que vén de facer públicas o Goberno do Estado son incompatibles co formato tradicional das nosas festas. Por ese motivo, e sempre que a situación sanitaria o permita, a Concellaría de Festas tratará de artellar algún tipo de programación alternativa.

A decisión foi comunicada polo alcalde, Evencio Ferrero, aos voceiros e voceiras dos grupos municipais nunha xuntanza telemática que celebraron este mércores, mentres que a concelleira de Festas, Maruxa Suárez, que se estreaba no cargo este ano, tamén lla trasladou aos seus compañeiros e compañeiras da comisión.

Aínda que a Semana Grande de Carballo coincidirá coa última fase do plan de desescalada establecido polo Goberno do Estado, as restricións son aínda demasiado importantes. Por exemplo, nos espectáculos ao aire libre non poderán participar máis de 800 persoas, que terán que estar sentadas e mantendo as distancias de seguridade necesarias. En xeral nas prazas establécese un aforo de unha persoa por cada 9 metros cadrados. E nos actos en espazos pechados, como o Pazo da Cultura, por exemplo, non se poderán superar os 80 espectadores ou un terzo do aforo.

As limitacións tamén afectan ao sector da hostalaría, que é un dos máis beneficiados polas festas, xa que os locais non poderán superar a metade da súa capacidade, nas terrazas tampouco poderán superar a proporción do 50% entre mesas e superficie, e os bares nocturnos e discotecas poderán ter un aforo máximo de 1/3.

A concelleira de Festas agradece o traballo desinteresado, a implicación e a colaboración de todas as persoas que forman parte da comisión de festas. “Polo ben de todos e todas, porque a saúde debe ser o primeiro, este ano, e por primeira vez, polo menos na historia recente, Carballo non poderá celebrar as súas festas. Pero a vida segue e haberá outros San Xoán, e para todos os que veñan agardo seguir contando con vós”, sinalou Maruxa Suárez.

Compartir: