Cultura

Cultura

- 2020 +
- Xuño +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

AUMENTA A PARTICIPACIÓN

17 comparsas e 8 carrozas inscritas para o tradicional concurso e desfile de disfraces do Domingo de Entroido

Os grupos e os disfraces individuais aínda poderán anotarse mañá, de 16.00 a 17.00 horas, diante da Casa do Concello

Sábado 22 de febreiro do 2020

Os participantes desfilarán polas rúas da contorna da Praza do Concello

Os participantes desfilarán polas rúas da contorna da Praza do Concello

Mañá domingo celebrarase a actividade máis emblemática do Entroido de Carballo e un dos desfiles con máis tradición da comarca. Prepárate para gozar dunha tarde espectacular, porque xa temos inscritas 17 comparsas (11 na categoría de adultos e 6 na de infantil) e 8 carrozas, con case 700 participantes aos que haberá que engadir os que se anoten mañá mesmo nas modalidades de participación individual e en grupo. As inscricións poderán facerse entre as 16:00 e as 17:00 horas na entrada da Casa do Concello.

Ademais de espectáculo, tamén estarán servidas a diversión e a animación, xa que contaremos coa regueifeira Lupe Blanco como presentadora e coa charanga Era Visto para que non falte a música en ningún momento da tarde.

O concurso de Carballo está dirixido tanto a adultos/as como a nenos/as e contempla diferentes modalidades de participación: individual, grupos, comparsas e carrozas, así como un premio especial ao Choqueiro de Bergantiños (participante que pode estar inscrito en calquera das categorías). Este ano repartiremos 8.215 euros, dos cales 4.000 destinaranse ás gratificacións por participación (de 125, 200 e 250 euros: dependendo do número de membros, aos 20 primeiros inscritos nas modalidades de carrozas ou comparsas infantís ou de adultos), xa que un dos obxectivos principais do concurso é fomentar a participación. A cantidade restante distribuiranse entre os gañadores.

A organización do certame recae na Concellaría de Cultura, que conta coa colaboración de Protección Civil, Policía Local, Brigada Municipal de Obras e Aspaber-UTE servizo de limpeza. O xurado estará integrado por representantes do Concello de Carballo e do movemento asociativo do municipio.

Os participantes realizarán un percorrido polas rúas da contorna da Praza do Concello. As comparsas e carrozas poderán realizar unha interpretación musical, coreográfica ou escénica diante do escenario dunha duración máxima de 2 minutos. A duración estimada do desfile é de 1h 30/45 min.

A orquestra Trébol animará o baile

A orquestra Trébol animará o baile

En consonancia coas recomendacións e medidas de seguridade que deberán cumprir os participantes, prégase aos espectadores que respecten os espazos reservados para eles, que non crucen as rúas mentres transcorre o desfile e, especialmente que os país vixíen aos nenos e manteñan aos máis pequenos agarrados das mans.

Unha vez rematado o desfile será a quenda do baile de disfraces, patrocinado pola concellería de Terceira Idade, coa orquestra Trébol, orquestra vinculada a Carballo xa que varios dos seus membros son da nosa vila. No transcurso do baile realizarase e a entrega de premios.

Compartir: