Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

ATA O DOMINGO NO XARDÍN MUNICIPAL

Carballo recupera a súa Praza da Liberdade durante catro días de intensa actividade comercial e cultural

Sés inaugurou a Praza dos Libros cun pregón reivindicativo cultural e socialmente e cun chamamento a buscar na lectura a información precisa para crear “un mundo feliz”

Xoves 5 de xullo do 2018

Sés percorreu as casetas acompañada polo alcalde e os concelleiros Marcos Trigo e Milagros Lantes

Sés percorreu as casetas acompañada polo alcalde e os concelleiros Marcos Trigo e Milagros Lantes

A principios do século pasado a feira de Carballo celebrábase na Praza da Liberdade (actual Praza de Galicia). A historia quixo que nin a feira se celebre xa alí nin a praza conserve aquel nome. Pero agora, un século despois, Carballo recupera a súa Praza da Liberdade durante catro días de intensa actividade comercial e cultural. Liberdade foi un dos tags do acto de apertura da Praza dos Libros, probablemente un dos máis reivindicativos desde o punto de vista social da historia da propia Feira da Creatividade Cultural. Tanto o alcalde, Evencio Ferrero, coma a pregoeira, Sés, fixeron unha defensa da liberdade a solidariedade e a igualdade.

Os libros mesturáronse neste primeiro xoves de xullo entre queixos, chourizos e cereixas. O concorridísimo mercado puxo moitas notas de cor nunha mañá con máis nubes ca claros, e a música da Banda Municipal de Gaitas animouna aínda máis. A moderna carpa que serve este ano de acubillo para boa parte das actividades paralelas da Praza dos Libros empezou a quedar pequena cos primeiros acordes e coa intervención do concelleiro de Cultura, Marcos Trigo. “Este espazo –dixo- quere ir máis aló do libro e da lectura para encher de vida, imaxinación e creatividade esta praza”. Foi el tamén quen presentou á pregoeira: “Cantautora, cantareira e multi-instrumentalista, mestra, licenciada en filoloxía galega e en antropoloxía social, e con raíces carballesas, é unha das máximas expoñentes da cultura galega [...]. Unha persoa que, como ela mesmo dixo, tivo a sorte de nacer muller e galega”.

Sés: "Segue habendo ricos e pobres, persoas que teñen todo sen traballar e persoas que traballan de sol a sol para non ter absolutamente nada”

María Xosé Silvar falou da súa vinculación afectiva e familiar con Carballo, da súa avoa Venera e de todo o que aprendeu dela malia ser unha muller sen estudos. “Traballou de sol a sol para darlles aos seus fillos e fillas, aos seus netos e netas, unha educación da que ela non puido desfrutar. Probablemente a miña avoa non entendía moitas das palabras que escoitaba no Telexornal, e probablemente hoxe en día moitas persoas non as entendan tampouco, pero esas palabras que escoitamos no Telexornal cando se fala de economía ou de infraestruturas son as que gobernan e hipotecan as nosas vidas, son as que fan que poidamos ter hospitais públicos ou non, que poidamos ter educación pública ou non, que poidamos ter transportes públicos ou non, que poidamos ter dereitos ou non, e son as que fan que poidamos seguir aprendendo a ler e escribir ou non. Porque segue habendo ricos e pobres, persoas que teñen todo sen traballar e persoas que traballan de sol a sol para non ter absolutamente nada”.

Sés en estado puro, sen filtros, apelou a buscar nos libros os sabios consellos que nos deixaron os que pasaron polo mundo antes ca nós. “Os libros son os mellores conselleiros, sempre están aí para dicirnos a verdade porque eles non teñen intereses”. E xunto a todas as historias felices, novelas e contos que nos ofrecen, “los libros –engadiu- está tamén toda esa información amarga que nos pode axudar a crear hoxe en día un mundo feliz”.

Evencio Ferrero agasallou á pregoeira cunha camiseta que leva unha frase dela

Evencio Ferrero agasallou á pregoeira cunha camiseta que leva unha frase dela

A pregoeira marchou de Carballo coas mans cheas. O alcalde, Evencio Ferrero, agasallouna coa camiseta oficial desta Praza dos Libros -leva impresa a frase da propia Sés (hoxe repetiuna) “Para ser punk non fai falta unha camiseta dos Ramones, fai falta un carné da biblioteca”-, unha chapa, un libro de Derrubando Muros, un proxecto do que se confesou seguidora, e unha pila de libros que mercou nos postos da feira. A cambio deixounos as súas reflexións no pregón e no Libro de Honra do Concello, onde foi recibida polo alcalde e outros membros do goberno: “Aínda que nacín na Coruña, o sangue carballés corre polas miñas veas, algo que me fai sentir tremendamente orgullosa. Grazas por coidar na nosa terra bergantiñana, da nosa cultura e da nosa lingua. Grazas por influírme e por convidarme”, escribiu.

Catro días

Durante catro días teremos en Carballo unha chea de actividades -moitas delas para o público infantil-, visitarannos autores/as coma Pedro Feijoo, Eli Ríos, Manuel Rivas ou Xan Fraga, e escoitaremos música coma a de Milladoiro, grupo convidado este ano ao Festifolk do sábado.

Temos 9 librarías (Á lus do candil, Brañas Verdes, Demo, Ler, Punto e Coma, Roget, Phottic, Teldy e Trasgo) nas que podemos atopar literatura para todos os gustos e para todos os públicos cun 10% de desconto. Hoxe, con cada libro agasallamos cunha lata de atún grazas á colaboración da Fundación Luis Calvo Sanz, e o domingo cada compra irá acompañada dun molete de Pan de Carballo. E este ano, ademais, con cada libro entrégase un marcapáxinas-rasca con opción a conseguir algún dos 500 premios que temos para os/as visitantes: camisetas, discos, libros, chaveiros, chapas...

Este ano, da Praza dos Libros é imposible saír coas mans baleiras. Ven e compróbao!

Descargas



Galería

Compartir: