Cultura

Cultura

- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

A comisión de festas volve a apostar este ano por estender a programación do San Xoán ao longo de todo o mes de xuño

A semana grande comezará o día 21 co pregón e a Festa do Bosque será o 1 de xullo

Sábado 28 de abril do 2018 Cultura

Cartel do Rockin 2018

Cartel do Rockin 2018

A Asociación Cultural San Xoán volve a apostar forte polas festas patronais, cunha programación que se estenderá ao longo de todo o mes de xuño e ata o comezo de xullo, porque a Festa do Bosque celebrarase o domingo 1. Todas as fines de semana haberá actividades culturais e deportivas e grandes espectáculos musicais cos que intentaremos abarcar diferentes estilos para implicar nas celebracións a todo tipo de públicos. O obxectivo da comisión é que o ambiente festivo impregne a nosa vila e o noso concello, reforzando a ampla oferta de actividades que se desenvolven durante todo o ano.

Pero aínda que as festas durarán un mes, a semana grande, e a maior concentración de actividades, terá lugar entre o 21 e o 25 de xuño. Este ano, pola coincidencia das datas, adiántase un día a lectura do pregón. Será o xoves 21 e marcará o comezo de cinco días de moita animación, diversión e música.

E para a última fin de semana de San Xoán reservamos outras dúas citas moi potentes. O sábado 30, con varios pases ao longo do día, volveremos a desfrutar da mellor música rock alternativa no Rockin’, un festival que ano tras ano vai gañando adeptos e consolidándose como unha cita que gaña en prestixio. Este ano volverá a haber actuacións ao longo de toda a xornada, e, coma sempre, a entrada será de balde. E o domingo 1 de xullo, encontro interxeracional e familiar ás beiras do río Anllóns na tradicional Festa do Bosque, unha das citas máis importantes e multitudinarias das celebracións.

Compartir: