Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

PRIMAVERA ENDANZA

"Vuelos", un espectáculo para toda a familia cunha das mellores compañías españolas de danza

A cita con Aracaraladanza é o domingo 15 de abril, ás 19.00 horas, no Pazo da Cultura

Venres 13 de abril do 2018

Vuelos é un espectáculo de danza contemporánea para público infantil e familiar que pretende alentar o goce de todos os sentidos, converténdoos tamén en ferramenta subversiva que contribúa a cambiar o mundo. Inspirado no xenio creativo de Leonardo Da Vinci, a compañía Aracaladanza aposta pola reconstrución dun mundo no que o simple acto de pensar é subversivo e revolucionario. Todo en “Vuelos” é dunha delicada elegancia: a coreografía dos bailaríns xoga coa luminotecnia, os elementos audiovisuais ou os obxectos, que invitan a rescatar o soño de voar e transmiten unha mensaxe de optimismo e empuxe emocional. En Vuelos veremos proxeccións, sofisticados efectos de luz, elementos de atrezzo referenciais moi ben xogados en escena; e danza, moita danza. Unha pequena delicia que lle gustará tanto aos nenos e as nenas como aos seus pais e nais.

Fantasía, imaxinación e maxia son os ingredientes esenciais de Aracaladanza, compañía de danza contemporánea madrileña cuxo traballo rigoroso foi recoñecido co Premio Nacional de Teatro para la Infancia y la Juventud 2010. O traballo pioneiro realizado en España pola compañía dirixida por Enrique Cabrera converteuse en referente europeo de calidade. As súas producións recibiron galardóns tan importantes como o Villa de Madrid, os Premios Max ou os FETEN.

FICHA ARTÍSTICA

  • Idea e dirección: Enrique Cabrera
  • Intérpretes: Carolina Arija, Jimena Trueba, Jonatan de Luís, Jorge Brea e Raquel de la Plaza
  • Coreografía: Aracaladanza
  • Asistentes coreográficas: Jimena Trueba e Raquel de la Plaza
  • Deseño iluminación: Pedro Yagüe
  • Composición musical orixinal: Luís Miguel Cobo
  • Deseño de escenografía e vestiario: Elisa Sanz
  • Deseño de vídeo escena: Álvaro Luna
  • Deseño de atrezo e maquinarias: Ricardo Vergne e Elisa Sanz
  • Duración: 50 minutos
  • Público: desde 4 anos
  • Entrada: 5€ / 3,5€
Espectáculo da XVI Primavera en Danza. Organiza: Concellería de Cultura. Redes Galega de Teatros e Auditorios.

Compartir: