Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

A comedia "Buster" conquista o palmarés da quinta edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay

"Monumento" acadou o premio de mellor webserie en lingua galega, "Emilia envidia" o internacional, "Bright Summer Night" o do xurado novo e Mambo o do público

Luns 9 de abril do 2018

A quinta edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que converteu durante a pasada semana a vila coruñesa na capital da cultura dixital global, pechou o telón esta noite coa gala de entrega de premios ás mellores webseries dun concurso pioneiro que xa é todo un referente e que este ano recibiu máis de 250 propostas de todo o mundo. A comedia española Buster foi a gran triunfadora da velada, canquistando o premio de mellor webserie do Estado, o premio AGAG ao mellor guión, o premio CREA á mellor dirección para David Sainz -que tamén recolleu o Premio do público por Mambo- e o de mellor actor para Manuel Noguera.

O xurado do festival, composto polo guionista e realizador Carlo Padial, a crítica Desirée de Fez, o xornalista Iago Fernández, a actriz María Tasende, o guionista Oscar Cruz -en representación da Asociación Galega de Guionistas- e a directora Anxos Fazáns -en representación da Asociación de Directores e Realizadores de Galicia- decidiu premiar a viaxe do antiheroe Buster polas apps para ligar, as drogas, os youtubers e ‘glory holes’ dun mundo especial marcado polo humor incómodo, os sintetizadores e o costumismo andaluz.

A serie documental interactiva Monumento, que retrata as problemáticas da contorna e do medio acuático galego das comarcas de Ferrol, Ortegal, Santiago e Vigo, acadou o premio á mellor webserie en lingua galega. E a comedia arxentina Emilia envidia o de Mellor webserie internacional, co seu retrato da frustración creativa desta cineasta que envexa e critica os seus amigos, tamén cineastas, mentres tenta rematar a súa ópera prima.

Macarena Gómez recibiu o premio á mellor atriz polo seu papel no thriller sobrenatural Dorienna que comparte protagonismo con Carolina Bang, Dani Muriel e Dafne Fernández. Un reparto de luxo que conta unha historia ambientada no Madrid hipster inspirada na novela O retrato de Dorian Gray de Óscar Wilde.

O xurado novo, composto pola youtubeira Nuria Espasandín, o músico Cristian Andrade a ilustradora Laura Tova e o picadiscos e programador do Xiria Pop Maikel Pérez, outorgou o seu premio ao drama neocelandés Bright Summer Night, que adapta o Soño dunha noite de verán de William Shakespeare para unha audiencia milenial.

Finalmente, Alberto Fernández Torres (subdirector de contidos e transmedia de RTVE Digital), Maya Nieto Maidagán (directora dixital en Globomedia), José Pereira (director da Área de Innovación e Negocio da CRTVG), Xose Regueira (concelleiro de Promoción Económica de Carballo) e Sonia Méndez (directora do Carballo Interplay) decidiron outorgar o Premio ao mellor proxecto de webserie en galego, dotado con 1.500 euros para a produción dos tres primeiros capítulos, a Sígueme, o proxecto co que Nuria Cancela, Alba Pego, Laura Pose, Aitor Ramos e Elisa Sánchez Sedes queren contar como unha estudante de sicoloxía, despois de ser expulsada da universidade, decide continuar clandestinamente o seu estudo experimental e crítico coa ciencia máis convencional.

SELECCIÓN DIRECTA

Ademais dos premios concedidos polo Carballo Interplay, varios dos festivais cos que colabora o envento elixiron de entre as webseries preseleccionadas polo evento galego algún título que entrará directamente nas súas seleccións oficiais. Así, Buster participará no RIO WEB FEST, The Last Call no LONDON SHORT SERIES, Alone no ROMA WEB FEST e no FUENGIROLA WEB FEST (FWF) e Polis corruptos no TUSCANY WEBFEST, xunto con La leyenda de la princesa Tetasuko, e no FICTICIA (Festival de ficción online de Aranjuez), xunto con Dorien.

Compartir: