Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 19 DE MARZO

Playground impartirá no Carballo Interplay un taller de vídeo para redes sociais

Tamén haberá dous obradoiros gratuítos para crianzas, que aprenderán electrónica e biotecnoloxía con Vermislab

Mércores 7 de marzo do 2018

O V festival de contidos dixitais Carballo Interplay vén de abrir a preinscrición para o obradoiro Narrativas de vídeo en redes sociais. Contidos complexos vs. audiencias masivas, que terá lugar o venres 6 de abril no Pazo da Cultura de Carballo. As persoas interesadas en participar nesta actividade impartida por Josune Imízcoz e Guillermo Carreras-Candi, responsables de vídeo de PlayGround, poden reservar a súa praza na web ata o 19 de marzo. Hai 25 prazas dispoñibles e o prezo do taller é de 20 euros.

PlayGround naceu en 2008 como revista dixital enfocada á música, pero rapidamente evolucionou ata converterse nun dos medios dixitais de referencia hoxe en día, en boa parte pola súa capacidade para elaborar contidos virais adaptados ás redes sociais sen abandonar unha perspectiva crítica e comprometida socialmente. Dende a súa experiencia, neste obradoiro abordarán a disxuntiva entre un presente que require explicacións cada vez máis complexas e un contexto mediático que tende a comprimir cada vez máis as historias e escoller os temas só en función da súa potencial viralidade.

O método de traballo nas tres horas da actividade combinará unha parte analítica con outra creativa. Na primeira parte do taller as persoas inscritas participarán nun visionado conxunto de vídeos de PlayGround e outras plataformas, co obxectivo de comprender o funcionamento dos contidos complexos no entorno das redes sociais. Na segunda parte buscaranse enfoques para temas propostos polos alumnos e alumnas e desenvolveranse borradores audiovisuais por parellas que serán finalmente comentados. Recoméndase levar ordenador portátil para poder escribir e editar imaxes se fose necesario.

O Carballo Interplay ofrecerá, tamén, dous obradoiros gratuítos para crianzas da man do proxecto de innovación educativa Vermislab, que quere potenciar a creatividade de nenos e nenas en campos como a ciencia, a tecnoloxía e o deseño. Así, o venres 6 de abril, de 16h a 18h, a rapazada de máis de 9 anos aprenderá, no Pazo da Cultura de Carballo, desde os conceptos básicos da electricidade ata como combinar diferentes compoñentes electrónicos, facer circuítos usando placas de prototipado e soldadura para facer os seus deseños usando dispositivos electrónicos e mesmo farán música combinando a electrónica con obxectos cotiáns. E o sábado 7, de 10h a 14h, pais e nais e nenos e nenas de máis de 6 anos aprenderán diferentes maneiras de observar o mundo microscópico, farán cultivos e incluso fabricarán o seu propio microscopio electrónico que poderán levar para a casa. As persoas interesadas poden reservar xa a súa praza, na web do Interplay.

Vice súmase ao programa profesional do Interplay

A publicación Vice súmase a Globomedia, 2btube, Hitsbook e Infomix súmanse a Flooxer (Atresmedia), Mtmad (Mediaset), Playz (RTVE Digital), CRTVG e as principais asociacións do sector en Galicia na primeira xornada profesional do Carballo Interplay, que se celebrará o día 4 de abril como un aperitivo do Festival de Contidos Dixitais. As persoas interesadas en particiar nas actividades e espazos pensados para conectar a creadores e creadoras coas principais plataformas, produtoras e medios de comunicación que están apostando no Estado polos contidos dixitais de creación propia deben acreditarse antes do 18 de marzo, de xeito gratuíto, na web do Interplay.

Ligazóns

Compartir: