Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay desvela o programa da súa xornada profesional

Directivos de Globomedia, 2btube, Hitsbook, Infomix, Flooxer (Atresmedia), Mtmad (Mediaset), Playz (RTVE Digital), CRTVG ou Playground confirmaron a súa presenza na 5ª edición do CIP

Xoves 1 de marzo do 2018

Globomedia, 2btube, Hitsbook e Infomix súmanse a Flooxer (Atresmedia), Mtmad (Mediaset), Playz (RTVE Digital), CRTVG e Playground na primeira xornada profesional do Carballo Interplay, que se celebrará o día 4 de abril como un aperitivo do Festival de Contidos Dixitais, cuxa quinta edición se estenderá a longo de toda esa primeira semana de abril.

O Carballo Interplay ideou, para o seu primeiro Día Pro, unha serie de actividades e espazos pensados para conectar a creadores e creadoras coas principais plataformas, produtoras e medios de comunicación que están apostando no Estado polos contidos dixitais de creación propia. Tamén contará coa participación de representantes das principais asociacións do sector en Galicia -como o Cluster do Audiovisual, AGAG ou CREA- e directores e directoras e programadores e programadoras de festivais de series dixitais estatais e internacionais. Hoxe desvelamos o programa completo e convidamos as persoas interesadas en participar neste Mercadao Profesional  acreditarse, de xeito gratuíto, na web do festival: carballointerplay.com.

PROGRAMA DÍA PRO | 4 de abril de 2018

  • 10h00. Recollida de acreditacións.
  • 10h30. A televisión e os contidos nativos de internet: experiencias e novas plataformas. As televisións levan anos adaptándose aos novos medios, expandindo os seus contidos a través de distintas plataformas. Pero ademais, están empezando a crear as súas propias plataformas de contido só para internet, dirixidas a públicos novos e apostando por talentos nacidos nas propias redes. Alberto Fernández Torres, subdirector de contidos e transmedia RTVE Digital; Mafalda González Alegre, responsable de desarrollo de contenidos de Flooxer; José Pereira Fariña, director da Área de Innovación e Negocio da CRTVG; Clara Gavilán y Jesús Gómez Carbón, directora de contidos e productora executiva de Mtmad; e Jesús Gómez Carbón, Talent Manager e Branded Content de Mtmad compartirán as súas experiencias e visión de futuro para o contido dixital nas televisións xeralistas.
  • 12h00. En busca do talento dixital. Produción de contidos audiovisuais para novos medios. Cos cambios no panorama de medios e as novos hábitos de consumo audiovisual, xorden novos tipos de produtoras e axencias que traballan co talento dixital para ofrecer contidos frescos ás novas plataformas. As produtoras tradicionais tamén crean as súas divisións dixitais. Algo se está a mover na industria cara á profesionalización dos contidos para internet e temos catro empresas para darnos a súa visión: Guillermo Carreras e Josune Imizcoz, directores do equipo de video e produtores executivos en Playground Media; Bastian Manintveld, presidente executivo de 2btube; Maya Maidagán, directora dixital en Globomedia; Rodrigo Espinel, director de Hitsbook Network.
  • 17h00 - 19h00. Zona Pro. Espazo de encontro que fomente o contacto, a través de citas profesionais, entre os creadores e creadoras de series dixitais e as plataformas e produtoras asistentes. 
  • O Carballo Interplay quere destacar, na imaxe da programación profesional, a figura de Margaret Hamilton, enxeñeira de software pioneira cxio talento foi vital para o éxito das misións de Apolo á Lúa.

Compartir: